Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT

2024/2025 · 60 créditos

Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñaría da telecomunicación

Introdución

O Mestrado Universitario en IoT (MUIoT) ofrece os coñecementos necesarios para deseñar, configurar, integrar e manter sistemas de interconexión dixital de obxectos e persoas que actúen de maneira autónoma e intelixente, xerando información útil para a toma de decisións.

O programa do Mestrado profundiza en ámbitos relacionados coa IoT, como os sistemas embebidos e os dispositivos IoT, as arquitecturas IoT, as tecnoloxías de comunicación sen fíos, os protocolos de rede, a ciberseguridade, a computación na nube, o procesado e a análise de datos masivos, a programación e a Intelixencia Artificial.

O alumnado do Mestrado poderá escoller entre tres especialidades:

  • IoT Industrial (IIoT): Nesta especialidade abórdanse aspectos como as Fábricas Intelixentes, a Industria 4.0/5.0 ou a sostibilidade en IoT (Green IoT).
  • Sociedade 5.0 : Nesta especialidade profundízase en diversos dominios de aplicación da denominada Sociedade 5.0, tales como o uso de sistemas IoT para a saúde, para cidades intelixentes (Smart Cities), e para edificios e fogares intelixentes.
  • Vehículo conectado: Nesta especialidade trátanse todos os aspectos relacionados co uso de sistemas IoT para vehículos conectados. En concreto, trátase a aplicación dos fundamentos de IoT ao coche conectado, aos Vehículos Aéreos Non Tripulados (UAVs) e a sistemas de transporte intelixente (ITS)

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
10

Por que estudar a titulación

O MUIoT é un Mestrado único no Sistema Universitario de Galicia que permite nun só curso adquirir unha formación nun ámbito coma a IoT cunha alta demanda de expertos. A formación recibida é altamente atractiva debido á:

  • Interdisciplinariedade: A IoT é unha disciplina tecnolóxica que combina coñecementos de redes de ordenadores, programación, electrónica, análise de datos, Intelixencia Artificial e ciberseguridade, entre outros. Isto permite ao alumnado adquirir unha formación integral e versátil, aplicable en múltiples sectores.
  • Innovación e Emprendemento: A IoT é un campo en constante innovación. Estudar o MUioT brinda a oportunidade de estar á vangarda dos avances tecnolóxicos e, potencialmente, de desenvolver proxectos e solucións innovadoras. Ademais, é un ámbito fértil para o emprendemento tecnolóxico, dado o amplo abano de aplicacións e a constante necesidade de novas solucións.
  • Impacto Social e Económico: A IoT ten o potencial de transformar diversas industrias, polo que os profesionais en IoT teñen a oportunidade de traballar en proxectos sumamente interesantes polo potencial impacto positivo que poden ter na sociedade e na calidade de vida das persoas.
  • Alta Especialización: O estudantado escollerá entre tres ámbitos de especialización de alta demanda: IoT industrial (IIoT), Sociedade 5.0 e Vehículo conectado.
En resumo, estudar o MUIoT non só prepara ao alumnado nunha das áreas máis dinámicas e prometedoras da tecnoloxía moderna, senón que tamén lles brinda a oportunidade de ser axentes de cambio nun mundo cada vez máis interconectado e dependente da tecnoloxía.

Folla de ruta

Curso de comezo 2024/25
Data última modificación/verificación ACSUG 14/06/2024
Data autorización Consello Xunta 15/07/2024
Data publicación autorización DOG 24/07/2024
Data publicación BOE de carácter oficial 27/09/2024