Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica

2025/2026 · 60 créditos

Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación

Introdución

O Mestrado é de carácter interuniversitario, impartese na Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro, na Universidad de La Laguna e na Universidad de Extremadura, é ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança - Portugal.

A distribución por créditos segundo o tipo de materias é o seguinte:

  • 27 ECTS - 6 Materias obrigatorias.
  • 21 ECTS - 7 Materias optativas.
  • 3 ECTS - Prácticas en empresas.
  • 9 ECTS - Traballo Fin de Mestrado.
  • O estudo está verificado e pendente de publicación

     

    Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
    20

    Por que estudar a titulación

    O obxectivo fundamental deste Mestrado Interuniversitario entre a Universidade da Coruña, a Universidad de La Laguna e a Universidad de Extremadura, é a formación de investigadores e profesionais no ámbito común das contornas industriais de produción e das tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

    O Master en Informática Industrial cobre a necesidade dunha especialización interdisciplinar no ámbito común das contornas industriais de produción, e das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, tanto a nivel de ferramentas software como hardware: PLC’s, robots, sistemas SCADA, buses de campo, ferramentas de simulación e outros dispositivos son elementos básicos para o funcionamento dos sistemas produtivos actuais .

    Trátase de dar resposta á demanda do sector industrial, que necesita incorporar profesionais capaces de axuntar coñecementos dos procesos industriais, robótica e habilidades informáticas aplicadas a tales procesos .

     Folleto informativo

    Folla de ruta

    Curso de comezo 2024/25
    Data última modificación/verificación ACSUG 05/06/2024