Os egresados do Mestrado de Informática Industrial e Robótica van ser profesionais capacitados para analizar, deseñar e implementar solucións dixitais en contornas industriais de produción. Serán capaces de comprender como funciona a industria e de deseñar sistemas dixitais para a mellora da produción. Estes profesionais converteranse en elementos fundamentais para axudar de forma eficiente na transformación dixital do noso tecido industrial. Terán unha alta especialización que garantan que o proceso de avance cara á industria 4.0 prodúzase de forma eficiente e con garantías de éxito. De forma máis concreta, os profesionais que superen a titulación do Mestrado de Enxeñería Informática e Robótica terán unha sólida formación en tecnoloxías relacionadas coa industria 4.0: :
Dado o carácter interuniversitario da titulación, os egresados terán a opción de coñecer outras contornas industriais nos que poderán enriquecerse e crecer como profesionais. En definitiva, o obxectivo é formar aos líderes da transformación dixital da nosa industria que a nosa sociedade actual está a demandar
Disponse de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: ALCOA, ENDESA GENERACIÓN S.A., FERROVIAL, GAMESA, GAS NATURAL SDG S.A., NAVANTIA, RED ELÉCTRICA, REGANOSA…
A distribución de materias ao longo do curso é a seguiente:
Durante o primeiro cuadrimestre o alumno realizará 6 materias obligatorias e recomendase escolar a lo menos 1 optativa das 4 ofertadas.
Durante o segundo cuadrimestre o alumno realizará:
6 materias optativas dun itinerario (a UDC oferta 14, a ULL 12 e a UEX 13), Prácticas en empresa e o Traballo Fin de Mestrado.
HorariosOs estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Internet das Cousas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Automatización Avanzada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Sistemas Embebidos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Linguaxes de Alto Nivel para Aplicacións Industriais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Robótica Intelixente e Sistemas Autónomos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Programación Virtual de Instrumentos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Automatización Industrial | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Tecnoloxía de Control | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Redes Informáticas de Comunicacións | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Sistemas de Información en Contornas Industriais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Python para Enxeñeiros Introdutorio | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Python para Enxeñeiros Avanzado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Desenvolvemento de Aplicacións en Robótica: Introdución a ROS | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Desenvolvemento de Aplicacións en Robótica: ROS Avanzado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aprendizaxe Automática Introductorio | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aprendizaxe Automática Avanzado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Visión Artificial Introductorio | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Visión Artificial Avanzado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Vehículos Autónomos Introductorio | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Vehículos Autónomos Avanzado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Taller de Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Mecánica dos Sistemas Robóticos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Simulación para a Industria 4.0 | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 9,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.