Nunha sociedade altamente competitiva e con recursos cada vez máis limitados, o Deseño Industrial e a innovación son factores clave para o desenvolvemento da sociedade e a mellora na calidade de vida dos individuos, proporcionando experiencias innovadoras e gratificantes a través de novos produtos, sistemas e servicios.
O Deseño Industrial é unha profesión interdisciplinar que conxuga a creatividade coa tecnoloxía existente á hora de resolver problemas e proporcionar solucións e produtos mellores, contribuíndo decisivamente a eliminar a barreira entre o que actualmente existe e o que realmente a sociedade demanda e sería posible cos medios adecuados, xerando novas oportunidades de negocio en base á innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
O Máster Universitario en Enxeñería en Deseño Industrial profundiza nos aspectos claves do Deseño Industrial, proporcionando unha formación altamente especializada en tres sectores económicos clave: o Deseño para a Movilidade, Transporte e Automoción, o Deseño de Complementos de Moda, Xoiería e Xemoloxía e o Deseño de Mobiliario e Contract, ó longo dun curso académico, cun total de 60 ECTS.
O estudo está verificado e pendente de publicación
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
20 |
Uns dos principais rasgos distintivos que caracteriza esta aposta formativa no Campus Industrial de Ferrol é a forte interacción co ámbito industrial e empresarial que se conseguiu ó longo dos máis de vintecinco años de existencia da Escola Universitaria de Deseño Industrial, EUDI.
Son numerosos os proxectos de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, as xornadas e os asesoramentos técnicos e estratéxicos, que se realizan continuamente no marco de numerosos convenios de investigación e asesoramento, enmarcados na actividade docente e nos que sempre participan os estudantes de forma activa.
O nivel de formación alcanzado polos egresados e a calidade dos Proxectos dirixidos na EUDI son o aval óptimo para os axentes institucionais, empresariais e industriais, de tódolos sectores, cos que a Escola colabora intensamente.
Curso de comezo | 2024/25 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 05/06/2024 |
Data autorización Consello Xunta | 15/07/2024 |
Data publicación autorización DOG | 24/07/2024 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 27/09/2024 |