O Máster Interuniversitario en Xestión Sostible da auga é un máster oficial conxunto impartido pola ETS de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da Coruña (UDC), a ETS de Enxeñería de Santiago (USC) e a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo (UdV), no que a primeira actúa como centro responsable asumindo os labores de coordinación. O programa de estudos consta de 90 ECTS divididos en tres cuadrimestres, o último dos cales está dedicado ao Traballo Fin de Máster (18 ECTS) e á Estancia en Prácticas (12), para o que conta coa colaboración explicita de numerosas empresas. O tipo de ensino é presencial salvo nos casos nos que, debido o seu carácter interuniversitario, a actividade docente teña lugar nun centro e ao mesmo tempo de forma virtual noutro.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
10 |
A auga é un recurso finito esencial para o desenvolvemento económico, a saúde e o benestar do ser humano. A nivel global, factores como a presión demográfica; o desenvolvemento económico asociado ás demandas crecentes da agricultura, a industria e a enerxía; a urbanización; as transformacións nos estilos de vida e os patróns de consumo; ou o cambio climático e a degradación ambiental, están a poñer en grave perigo a súa dispoñibilidade futura. O papel preponderante da auga no crecemento económico e a sustentabilidade ambiental está a converter a este elemento no eixo central dos maiores retos mundiais de futuro e nunha das principais preocupacións da sociedade e os gobernos. Nos próximos anos, aspectos como o aforro, a desalinización da auga do mar, a captación e o almacenaxe da auga pluvial, a reutilización da auga, a descontaminación dos acuíferos unidos a unha adecuada planificación hídrica e ao uso das novas tecnoloxías para mellorar o procesamento da auga serán críticos para desenvolver unha xestión sostible deste recurso, aliñada, entre outros, coas esixencias da Directiva Marco da auga e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Os egresados do máster poderán facer fronte a estes restos desenvolvendo a súa carreira como técnicos, responsables ou expertos en xestión da auga en empresas de xestión, abastecemento, tratamento e valorización da auga, estacións depuradoras, laboratorios de análises da auga, organismos públicos e outras organizacións con competencias en augas, empresas de enxeñería e consultoría ambiental, empresas de seguros, departamentos de medioambiente de empresas de produción, centros de I+D+i na área de recursos hídricos, institucións educativas, #etc…
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2023/2024 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 27/04/2023 |
Data autorización Consello Xunta | 01/08/2023 |
Data publicación autorización DOG | 11/08/2023 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 30/10/2023 |
Data publicación plan estudos DOG | 28/11/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 05/12/2023 |