Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga

2024/2025 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Este máster está dirixido principalmente a profesionais do ámbito da xestión da auga e a titulados da rama de enxeñería e de ciencias que queiran desenvolverse laboralmente neste campo.

Requisitos de acceso comúns

Os/as estudantes que queiran ser admitidos/as no título deberán estar en posesión dun Grao Universitario ou titulación equivalente. Este máster está dirixido principalmente a profesionais do ámbito da xestión da auga e a titulados/as da rama de enxeñería e de ciencias que queiran desenvolverse laboralmente neste campo. En base á afinidad da titulación de acceso ao máster, a Comisión Académica Interuniversitaria do Máster (CAI) poderá considerar a necesidade de cursar complementos formativos. Seguindo a directriz do RD822/2021 o número de créditos de complementos de formación poderá oscilar entre 0 e 18 ECTS. Estes créditos adicionais poderanse cursar de maneira simultánea, pero a súa superación será, en calquera caso, de carácter obrigatorio para a obtención do título. #De acordo con o RD 822/2021, reservarase, polo menos, un 5% de prazas para estudantes que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como para estudantes con necesidades de apoio educativo permanentes. As competencias en materia de admisión son responsabilidade da CAI.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

10 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Criterios e procedementos de admisión

Baremos para o procedemento de admisión: 1.Adecuación da titulación de acceso aos contidos do máster 2.Expediente académico Así mesmo, será necesario acreditar un nivel B1 ou equivalente de inglés. A admisión será valorada en función da afinidad da titulación de acceso coa temática do máster. O primeiro dos criterios é excluínte, de modo que os candidatos/as para os que se estableza a non adecuación do título de acceso quedarán excluídos/as. A preferencia ou prioridade de admisión dependerá do COLECTIVO DE ACCESO ao que se pertenza. Dentro de cada colectivo, a admisión ordenarase en base ao expediente académico. En caso de non cubrirse as prazas ofertadas coas solicitudes do colectivo A, valorarase a admisión das do Colectivo B e por último as do Colectivo C e D. COLECTIVO A. Estudantado en posesión de titulación de acceso prioritario. Algunhas das titulacións prioritarias coas que se quere xerar sinerxias son:Grao en Enxeñería de Obras Públicas e Grao en Tecnoloxías da Enxeñería Civil(UDC); Grao en Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos,Grao en Enxeñería da Enerxía, Grao en Enxeñería Química Industrial,Grao en Ciencias Ambientais(UVIGO); Grao en Enxeñería Química, Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais, Grao en Enxeñería Civil (USC); Máster en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos (UDC), Máster en Biotecnoloxía Avanzada (UDC e UVIGO),Máster Internacional en Enxeñería da auga (UDC e Hochschule Magdeburg-Stendal (Alemaña); Máster Universitario en Enxeñería Ambiental e Máster Universitario en Enxeñería Química e Bioprocesos (USC);Máster en Enxeñería de Minas (UVIGO). COLECTIVO B. Estudantado en posesión de titulación do ámbito da enxeñería ou das ciencias, afín, pero de non acceso prioritario COLECTIVO C. Estudantado en posesión doutra titulación do ámbito da enxeñería ou das ciencias. COLECTIVO D: outras titulacións

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: