O Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías é un título da Facultade de Ciencias da Educación e pertence á área das Ciencias Sociais e Xurídicas. Cunha duración dun ano e 60 créditos ECTS na súa totalidade, persegue proporcionar formación avanzada, de carácter especializado e profesionalizante, e iniciar nas tarefas investigadoras aquelas persoas graduadas e profesionais que desexen afondar os seus coñecementos no ámbito da avaliación e a intervención sobre a linguaxe e as súas alteracións. Trátase dun título conxunto das universidades da Coruña, Salamanca e Zaragoza, que cooperan cos seus recursos humanos e materiais para contribuír ao avance neste campo profesional e da investigación coa finalidade de melloraren o desenvolvemento e a calidade de vida da poboación.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
20 |
O Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías pretende afianzar unha oferta de calidade para os profesionais especializados na intervención sobre a comunicación e a linguaxe, polo que se dirixe concretamente a graduados en Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Logopedia, Terapia Ocupacional e Educación Infantil e Primaria, sen que isto supoña eliminar a quen teña a formación básica previa imprescindible nos termos establecidos pola lexislación. Este mestrado interuniversitario aproveita as sinerxías existentes entre as universidades participantes, todas elas con profesorado especializado nesta temática, cunha longa experiencia docente e investigadora e recoñecemento dentro e fóra do Estado español. É importante salientarmos, que os estudos relacionados co tratamento da linguaxe e a comunicación teñen unha presenza importante nas universidades españolas e nas que agora propoñen este título. Así, por exemplo, a Universidade da Coruña conta co único título de Grao en Logopedia do sistema universitario galego.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2022/2023 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 27/06/2022 |
Data autorización Consello Xunta | 27/07/2022 |
Data publicación autorización DOG | 10/08/2022 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 04/04/2023 |
Data publicación plan estudos DOG | 24/04/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 04/05/2023 |