Nun contexto de rápidos cambios, o mercado de traballo está a experimentar unha crecente demanda de profesionais que sexan capaces de analizar a realidade social, política e económica e de empregar ese coñecemento no deseño de políticas públicas, proxectos empresariais ou servizos sociais. O Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (MIAS) da Universidade da Coruña dá resposta a esta nova demanda ofrecendo unha formación avanzada nos principais métodos e técnicas de recollida e análise de datos sociais.
O MIAS pretende formar profesionais cun profundo coñecemento dos fundamentos e o deseño dos procesos de investigación social, un manexo experto das técnicas de produción e análise de datos sociais e experiencia no uso desas análises para asesorar empresas, administracións públicas e entidades do terceiro sector na toma de decisións estratéxicas. O máster dota o alumnado destas ferramentas especializadas e transversais co obxectivo de que sexa capaz de alcanzar o máis alto nivel de esixencia nos campos profesionais que configuran o novo mercado laboral, e achegando valor engadido ao seu traballo.
O estudo está verificado e publicado
|
Prazas ofertadas para o curso 2026 |
10 |
Este máster está orientado a diversos públicos obxectivos:
• En primeiro lugar, ás persoas cun título na rama de ciencias sociais e incorporadas o mercado laboral, non só de Galicia, senón de calquera lugar de España ou doutro país (especialmente outros países europeos ou de América Latina), grazas ás facilidades que implica o uso da modalidade virtual prevista. Isto facilita a compatibilidade coa realización de actividades laborais e reduce as barreiras xeográficas. Cómpre destacar que esta titulación pretende proporcionar a quen o estude habilidades profesionais aplicables tanto no campo das pemes – que constitúen unha alta porcentaxe do tecido produtivo – como das grandes empresas, organizacións sen ánimo de lucro, administracións públicas e institucións académicas.
• En segundo lugar, ás persoas recén tituladas na rama de ciencias sociais, non só das universidades galegas, senón do resto de España e outros países europeos e latinoamericanos especialmente. Aínda que certas titulacións existentes na actualidade no Sistema Universitario de Galicia (SUG) capacitan para desenvolver actividades profesionais no eido da Administración pública e a xestión económica e empresarial, na actualidade non existe ningún máster en Galicia que permita obter un coñecemento especializado en investigación social e análise de datos. En consecuencia, despois de completar o máster, as oportunidades de traballo multiplícanse.
| Curso de comezo | 2022 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 27/06/2022 |
| Data autorización Consello Xunta | 27/07/2022 |
| Data publicación autorización DOG | 10/08/2022 |
| Data autorización Consello de Ministros | 18/10/2022 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 28/10/2022 |
| Data publicación plan estudos DOG | 21/12/2023 |
| Data publicación plan estudos BOE | 24/02/2023 |