Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social

2025/2026 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

O máster está aberto e orientado a alumnado procedente das ciencias sociais, económicas e xurídicas. Teñen preferencia de acceso as persoas que posúan algunha das seguintes titulacións, ou similares: 

· Grao en Administración e dirección de empresas.
· Grao en Ciencias Empresariais
· Grao en Comunicación Audiovisual
· Grao en Dereito
· Grao en Economía
· Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
· Grao en Socioloxía
· Grao en Turismo
· Grao en ciencia política e da Administración
· Grao en Criminoloxía
· Grao en educación social
· Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
· Grao en Periodismo
· Grao en Consultoría e Xestión da Información
· Grao en Dirección e Xestión Pública
Grado en Marketing e Investigación de Mercados
· Grao en ciencias do traballo
· Grao en Turismo Administración e Dirección de Empresa
· Grao e en Psicoloxía
Grao en Antropoloxía
· Grao en Antropoloxía Social e Cultural
· Grao en Antropoloxía e Evolución Humana
· Grao en Información e Documentación
· Grao en ciencias da cultura e difusión cultural
· Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
· Grao en Geografía e Historia
· Grao en Xeografía, Análise Territorial e Sustenibilidade
Grao en Terapia Ocupacional
· Grao en Enfermería
· Grado en Fisioterapia

Requisitos de acceso comúns

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

10 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Criterios e procedementos de admisión

Os criterios de admisión baséase nos seguintes aspectos:
· Adecuación da titulación de acceso ós contidos do máster
· Expediente académico
· Experiencia profesional, de voluntariado, docente ou investigadora en actividades propias do ámbito da investigación social e a análise de datos.
· Formación complementaria e outros méritos (coñecemento de idiomas, estadías no estranxeiro, achegas científicas ou outra formación).

En canto a coñecementos previos, é un requisito para o alumnado que ingresa no programa formativo deste título ter coñecementos básicos acreditados de estatística, en concreto estatística inferencial e descritiva, que permitan o aproveitamento avanzado dos contidos especializados desta titulación, así como estar familiarizado/da con programas e software comercial para a análise estatística (Excel, SPSS). Para o alumnado que non posúa esta formación acreditada, prevese a obrigatoriedade de cursa-la materia optativa "Análise Estatístico Descritivo e Inferencial" para adquirir estes coñecementos básicos previos (en concreto unha materia de 4,5 créditos, que se cursará xusto ao principio do máster, a diferenza do resto de optativas que se cursan no 2º cuadrimestre). Esta obrigatoriedade será determinada polo comité de selección do Máster durante o o perido de pre-inscrición e matrícula.


bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: