Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

2024/2025 · 60 créditos

Introdución

Este mestrado interuniversitario constitúe unha transformación doutro precedente impartido exclusivamente na Universidade da Coruña desde o curso 2015-16. Nel participan as tres universidades galegas e impartirase integramente nas universidades da Coruña, Santiago e Vigo. O seu carácter interuniversitario permite incrementar a colaboración entre as universidades potenciando as súas posibilidades e recursos materiais e humanos, aumentando así a súa calidade.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
20

Por que estudar a titulación

Este mestrado está directamente dirixido ao profesorado de educación infantil e primaria, así como a outros profesionais vinculados á educación que estean interesados en recibir unha formación especializada na innovación no ensino de áreas curriculares específicas (Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais; Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica; Didáctica da Matemática), contemplando o seu carácter interdisciplinar. O mestrado ademais atende á formación AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en lingua estranxeira) e permite a iniciación na investigación nas áreas citadas, abrindo as portas á realización de investigacións posteriores (Tese doutoral).

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 17/04/2018
Data autorización Consello Xunta 13/06/2018
Data publicación autorización DOG 29/06/2018
Data publicación BOE de carácter oficial 07/09/2018
Data publicación plan estudos DOG 12/02/2019
Data publicación plan estudos BOE 06/02/2019