Ofrecer unha formación especializada no ámbito das didácticas específicas que permita aos recentemente titulados que empezan a súa andaina profesional nos ámbitos produtivos mellorar o seu empregabilidade aos profesionais en activo (mestres de educación infantil e primaria en exercicio) mellorar a súa formación permanente, incidindo isto na mellora da súa actividade e na súa promoción académica e profesional.
Este mestrado universitario está dirixido á especialización de Mestres de educación infantil e Primaria, pero tamén a titulados noutras carreiras vinculadas á educación, por iso a súa saídas profesionais teñen que ver tanto co ámbito escolar vinculado á educación regrada como ao desempeño de tarefas noutras empresas relacionadas coa educación non formal onde estes titulados poden desenvolver a súa función.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Aplicación das TIC na Innovación Educativa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Metodoloxía de Investigación Educativa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| AICLE: Aprendizaxe Integrada de Contidos en Linguas Estranxeiras | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Deseño de Proxectos Interdisciplinares | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Análise de Experiencias Interdisciplinares | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| A Contorna como Recurso Educativo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 9,0 ECTS | |
| Prácticum | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Experimentais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Dificultades na Aprendizaxe das Matemáticas. Enfoque Práctico | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Investigación e Innovación en Didáctica da Matemática | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Investigación e Innovación en Didáctica da Lingua e a Literatura Estranxeira (Inglés/Francés) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Procesos e Estratexias en Fotografía e Arte Contemporánea | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Investigación e Innovación en Didáctica das Artes Visuais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Expresión Musical e Novas Tecnoloxías. Estratexias Didácticas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Investigación e Innovación en Educación Musical | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo por Proxectos en Educación Física | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Investigación e Innovación en Didáctica da Expresión Corporal | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Novas Tendencias na Educación Ambiental | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.