O MPXA é un máster universitario oficial da Universidade da Coruña coorganizado coas fundacións Santiago Rey-Fernández-Latorre e Amancio Ortega Gaona. Ofrece unha formación profesional, práctica e baseada na excelencia, dirixida aos profesionais que demanda o sector audiovisual e xornalístico. Ten dúas especialidades: Produción executiva audiovisual e xornalismo multiplataforma avanzado. Impártese nas instalacións da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, na sede de La Voz de Galicia. Grazas a un convenio entre a Fundación Santiago Rey e a Fundación Amancio Ortega, todas as prazas becadas ao son 100%. Tamén ofrecen 4000 euros de axuda para a estancia a estudantes latinoamericanos.
O estudo está verificado e pendente de publicación
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
30 |
Con 25 anos de experiencia, o MPXA é un Máster oficial pioneiro no mundo da Comunicación en España, distinguido coa Mención de Excelencia Académica outorgada pola Xunta de Galicia e a Consellería de Educación. O MPXA dota de todas as ferramentas necesarias para incorporarse ao mercado laboral. Para iso conta cun equipo de docentes de moi alto nivel: profesionais nacionais e internacionais activos nos principais grupos de comunicación, medios impresos e dixitais, produtoras, cadeas de televisión e plataformas. Moitos deles tamén actúan como titores dos proxectos dos estudantes e buscan no Máster o mellor talento para as súas empresas.
Curso de comezo | 2024/25 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 03/06/2024 |