Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Xestión de Contidos Informativos e de Entretemento | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión Empresarial na Industria da Comunicación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Formatos Informativos e de Entretemento | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Escritura en Fase de Desenvolvemento | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Contexto Profesional e Legal da Industria Xornalística | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Contexto Informativo | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Modelos de Xestión da Información | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Contexto Tecnolóxico Profesional e do Usuario | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Cultura do Produto Informativo | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Edición de Contidos en función da Plataforma | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xéneros, Formatos Xornalísticos e Reporteirismo de Autor | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Tendencias de negocio e de contido | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Audiencias e Mercados no Sector Audiovisual | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ventas e Distribución de Contidos Audiovisuais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Direción de Produción en Cine e Televisión | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Direción de Produción na contorna dixital | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Vías de Financiamento de Proxectos Audiovisuais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.