Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

2025/2026 · 90 créditos

Introdución

A trascendencia económica e social do turismo en Galicia e no resto de España é moi importante, de aí que a formación dos recursos humanos se converta nunha tarefa ineludible para as universidades públicas

.

O turismo é un sector que necesita ser analizado desde distintas perspectivas como son a socioloxía, a xeografía, a economía, a medicina, a informática, etc. Este sector que, sen dúbida algunha, é dos máis importantes da nosa sociedade foi durante anos olvidado polos científicos, sendo planificado e xestionado por persoas sen formación específica.

A titulación é a continuación dos estudos superiores para as persoas que estudan o actual grao en Turismo e para outras persoas formadas en graos de ciencias sociais e humanas en xeral que queren traballar ou investigar no sector do turismo.

Desde o ano 2006 vimos impartindo na Universidade da Coruña o Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos. Os estudos que propoñemos teñen un elevado interese académico, científico e profesional.

Máis información: master.turismo@udc.es 

Páxina da Facultade de Turismo: https://www.udc.es/es/turismo/estudos/

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 17 de setembro de 2020.

 

Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
30

Por que estudar a titulación

O mestrado en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos ten a función de formar aos estudantes para a investigación en turismo e para levar a cabo tarefas profesionais no sector. Por este motivo ofrecemos dous itinerarios: investigador e profesional.

• Itinerario investigador: dirixido aos estudantes que queiran seguir formándose en turismo e realizar unha tese doutoral ou ben investigando en gabinetes de empresas, consultoras ou institucións dedicadas ao turismo.

• Itinerario profesional: dirixido ás persoas que queren dedicarse a planificar e xestionar destinos e novos produtos turísticos de distintas tipoloxías (congresos e convencións, de espazo litoral e termalismo, gastronómico e enológico, patrimonio, espirituais, deportivo, grupos especiais, etc.)

Folla de ruta

Curso de comezo 2016/2017
Data última modificación/verificación ACSUG 27/04/2023
Data autorización Consello Xunta 28/06/2016
Data publicación autorización DOG 13/07/2016
Data publicación BOE de carácter oficial 26/10/2016
Data publicación plan estudos DOG 13/09/2023
Data publicación plan estudos BOE 27/09/2023