O título oficial de Mestrado en Náutica e Transporte Marítimo ten o obxectivo de completar o nivel de especialización dos profesionais náuticos e de proporcionar o grado de formación específica que debe ter un graduado do ámbito tecnolóxico, xurídico o económico para desenvolverse profesionalmente no ámbito do negocio marítimo.
Os cursos inclúen a formación en técnicas de xestión integral da seguridade e protección, manobra e navegación avanzada, xestión do negocio marítimo e inspeccións.
Os estudos enmárcanse nun perfil de especialización no ámbito da actividade técnica que, ademais, permitirá ao estudante unha orientación cara a estudos de doutoramento e investigación.
A formación académica adquirida permitirá cumprir con todos os requisitos de formación esixidos no "Convenio Internacional STCW78/95", de cara ao exercicio profesional como Capitán da Mariña Mercante, sempre que se cursara previamente o Grao en Enxeñaría Náutica.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 4 de xullo de 2018.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
20 |
O plan de estudos está deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais mariños, e dá acceso a un mercado laboral con alta demanda, con posibilidade de exercer a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito do transporte marítimo.
Permite acceder, xunto co título de Grao en Enxeñaría Náutica, á profesión de Capitán da Mariña Mercante Permite aos que accedan desde outros graos do ámbito tecnolóxico, unha formación especializada de aplicación directa en amplos sectores da actividade do negocio marítimo.
Disponse de profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria no ámbito da navegación, do transporte marítimo e outros sectores afíns. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector.
Curso de comezo | 2014/2015 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 23/07/2014 |
Data autorización Consello Xunta | 05/09/2014 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 29/12/2014 |
Data publicación plan estudos DOG | 14/02/2018 |
Data publicación plan estudos BOE | 14/02/2018 |