Este mestrado universitario permitirá acadar a formación necesaria para o desempeño de actividades profesionais por conta propia ou allea na área da contabilidade e da auditoría de contas.
Visita súa páxina web:
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de ContasO estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
30 |
O plan de estudos comprende as materias referidas na Resolución do 12 de xuño de 2012 do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC), para os efectos da súa validación como primeira fase das probas de acceso á inscrición no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) e ao pleno exercicio da profesión regulada de auditor de contas.
Curso de comezo | 2013/2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 29/07/2013 |
Data autorización Consello Xunta | 05/12/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
Data publicación plan estudos DOG | 05/08/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 30/07/2014 |