Máster Universitario en Técnicas Estatísticas

2024/2025 · 90 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas está organizado polas tres universidades galegas e impártese de xeito presencial na Facultade de Informática da UDC, a Facultade de Matemáticas da USC e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Uvigo. Un sistema de videoconferencia permite a asistencia a todas as clases desde unha única facultade. A súa duración é dun ano e medio.

Este mestrado, iniciado no ano 2007, provén dun programa oficial de posgrao con mención de calidade nos seus estudos conducentes ao título de doutor/a. Os seus obxectivos de formación son equivalentes aos das mellores propostas do noso contorno europeo.

Pode obterse máis información actualizada na web do mestrado.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
25

Por que estudar a titulación

  • Os estudos de estatística son arestora uns dos que teñen mellores expectativas de futuro. Isto xustifícase pola crecente necesidade de moitas empresas e institucións públicas de extraeren información de cantidades enormes de datos, para o cal resulta imprescindible a utilización de técnicas estatísticas.
  • O Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas é o único mestrado existente na Comunidade Autónoma de Galicia orientado aos estudos de estatística e investigación operativa.
  • É a vía natural para acceder ao Programa Oficial de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa, distinguido coa mención de excelencia do Ministerio de Educación. Este tamén é o único programa de doutoramento existente na Comunidade Autónoma de Galicia orientado aos estudos de estatística e investigación operativa.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2019/2020
Data autorización Consello Xunta 05/08/2019
Data publicación autorización DOG 14/08/2019
Data publicación BOE de carácter oficial 17/12/2019
Data publicación plan estudos DOG 30/09/2020
Data publicación plan estudos BOE 08/07/2020