Máster Universitario en Técnicas Estatísticas

2024/2025 · 90 créditos

Que se aprende

Metodoloxía avanzada relativa á estatística e investigación operativa, xunto coas súas aplicacións prácticas.

No que se refire á estatística, a metodoloxía xira, en xeral, á volta dainferencia estatística: obtención de información fiable acerca dunha poboación de estudo a partir da observación dunha mostra da devandita poboación.

Na parte da investigación operativa é notable o manexo de ferramentas matemáticas para atopar a mellor solución a un problema (satisfacendo unha serie de restricións), así como o estudo de conflitos (problemas de decisión en que interaccionan varios axentes) e a proposta de solucións.

Os coñecementos adquiridos permitirán realizar unha análise crítica e rigorosa dos resultados obtidos nas aplicacións prácticas.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Posibilidade de empregarse como profesional da estatística en:

  • empresas do sector financeiro;
  • empresas do ámbito da saúde;
  • empresas de investigación social;
  • administracións públicas;
  • laboratorios de investigación e desenvolvemento (I+D+i);
  • e moitas outras actividades profesionais.

No ámbito académico, docencia universitaria.

Empresas e institucións colaboradoras

Os estudantes teñen a posibilidade de faceren o Traballo de Fin de Mestrado a través de prácticas en empresas. Isto é posible grazas aos convenios asinados para tal efecto entre as tres universidades organizadoras e diferentes entidades dos sectores público e privado, como o Instituto Galego de Estatística ou o Servizo Galego de Saúde, entre outras.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise Exploratoria de Datos Optativo 5 ECTS
Inferencia Estatística Optativo 5 ECTS
Modelos de Probabilidade Optativo 5 ECTS
Programación Lineal e Enteira Optativo 5 ECTS
Modelos de Regresión Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxías de Xestión de Datos Optativo 5 ECTS
Estatística Matemática Optativo 5 ECTS
Teoría da Probabilidade Optativo 5 ECTS
Programación Matemática Optativo 5 ECTS
Regresión Xeneralizada e Modelos Mixtos Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Métodos Non Paramétricos Obrigatorio 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise Multivariante Optativo 5 ECTS
Optimización Aplicada Optativo 5 ECTS
Control Estatístico da Calidade Optativo 5 ECTS
Estatística Espacial Optativo 5 ECTS
Regresión non Paramétrica e Semiparamétrica Optativo 5 ECTS
Análise de Supervivencia Optativo 5 ECTS
Introdución á Teoría de Xogos Optativo 5 ECTS
Mostraxe Optativo 5 ECTS
Procesos Estocásticos Optativo 5 ECTS
Redes e Planificación Optativo 5 ECTS
Simulación Estatística Optativo 5 ECTS
Series de Tempo Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Contrastes de Especificación Optativo 5 ECTS
Aprendizaxe Estatístico Optativo 5 ECTS
Datos Funcionais Optativo 5 ECTS
Enxeñaría Financeira Optativo 5 ECTS
Xogos Cooperativos Optativo 5 ECTS
Modelos Interactivos da Investigación Operativa Optativo 5 ECTS
Técnicas de Remostraxe Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 15 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.