O Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade é unha titulación oficial de 60 créditos ECTS e cunha duración dun curso académico.
Impártese na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, ao longo de dous cuadrimestres: no primeiro cúrsanse os módulos obrigatorios, mentres que no segundo se realizan o módulo de especialización e o Traballo de Fin de Mestrado.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
20 |
• Proporciona formación e actualización en temas relacionados coa Literatura, Cultura e Diversidade no ámbito hispánico ou galego e portugués.
• Proporciona os fundamentos para comezar unha actividade investigadora e permite acceder a un programa de doutoramento.
• Posibilita a matrícula a tempo completo ou parcial, así como a validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.
• Docencia semipresencial (240 h presenciais). Impártese en horario de tarde, os xoves e venres, na Facultade de Filoloxía da UDC.
• Profesorado altamente cualificado
• Profesorado convidado de recoñecido prestixio e especialista nas materias
• Seminarios asociados, vinculados a destacados grupos e/ou proxectos de investigación
• Titorización individualizada
Data última modificación/verificación ACSUG | 26/07/2011 |
Data publicación autorización DOG | 15/12/2011 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 26/03/2012 |
Data publicación plan estudos DOG | 24/05/2018 |
Data publicación plan estudos BOE | 22/05/2018 |