O Máster interuniversitario de Matemática Industrial (M2i) está organizado polas tres universidades galegas, xunto coas universidades Carlos III e Politécnica de Madrid.
Ofrece as especialidades de Modelización Matemática e de Simulación Numérica. O título obtense tras superar 90 créditos, dos cales 30 corresponden ao proxecto de Máster, que se desenvolve en colaboración cunha empresa.
Información actualizada na Web do M2i
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
15 |
As necesidades de formación a nivel de máster de profesionais en Matemática Industrial están postas de manifesto tanto pola UE coma pola OCDE no seu documento Global Science Forum. Report on Mathematics in Industry.
O interese científico/tecnolóxico de Máster en Matemática Industrial apóiase en tres piares:
1. Ampliar a capacidade analítica e os coñecementos dos estudantes que conformarán os futuros equipos profesionais e de investigación.
2. Proporcionar habilidades concretas no relativo ao deseño, construción e manexo de software específico de polo menos un dos sectores industriais.
3. Introducir os estudantes nos temas de investigación e desenvolvemento relacionados coas materias que conforman o presente programa.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2013/2014 |
Data autorización Consello Xunta | 05/12/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 18/10/2014 |
Data publicación plan estudos DOG | 27/11/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 08/12/2014 |