Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.
Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.
Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.
Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.
A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.
Para as titulacións ao abeiro do RD 1393/2007 recoméndase o seguinte perfil dos candidatos a estudar o Máster:
1. Graduados da área de Enxeñaría e Arquitectura.
2. Graduados da área de Ciencias e graduados en Economía e Administración de Empresas.
Para as titulacións previas ao RD 1393/2007, recoméndase seguinte perfil dos candidatos a estudar o Máster:
1. Enxeñeiros ou Enxeñeiros Técnicos.
2. Licenciados en Ciencias, especialmente Matemáticas, Física, Química e Bioloxía.
3. Licenciados en Económicas e Administración de Empresas.
A priorización dos candidatos será por expediente académico, atendendo á orde de preferencia das titulacións recomendadas, para o caso en que o número de preinscritos no Máster supere o número de prazas disponibles.
O artigo 16 do Real Decreto 1393/2007 (modificado polo R.D. 861/2010 do 2 de xullo) establece que para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo e Educación Superior que facultan neste para o acceso a ensinanzas de Máster.
A isto, o Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, modifícao nos seguintes termos:
1. Para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte neste para o acceso a ensinanzas de Máster.
A admisión de titulados estranxeiros farase conforme ao disposto no artigo 3.2 do RD56/2005, o artigo 16 do RD 1393/2007 e a súa modificación no RD 861/2010.
Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade da homologación dos seus títulos, logo de comprobación por parte da Comisión Académica do Máster e das Universidades de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que no país expedidor do título facultan para o acceso a ensinanzas de postgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o máster.
A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información.
As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.
A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.
Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:
15 prazas ofertadas no curso 2024/2025
Criterio de valoración de méritos para a admisión no máster: expediente académico
Orde de preferencia das titulacións:
1. Titulados - licenciados ou graduados - en Matemáticas, Física e Enxeñaría.
2. Se quedan vacantes, resto de titulacións das grandes áreas de Enxeñaría e Arquitectura, e Ciencias.
3. Se aínda quedasen vacantes, titulados -licenciados ou graduados- en Economía e Administración de Empresas.
Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.
Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:
Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.
Tamén destacamos os seguintes documentos: