Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada

2025/2026

Introdución

O obxectivo do Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada é dar formación investigadora de posgrao. O plan de estudos consta de 60 créditos ECTS e está pensado para obter o título nun curso académico (de outubro a xullo), aínda que tamén se prevé que poida estudarse a tempo parcial, simultaneando os estudos co traballo, en cuxo caso a duración sería de dous cursos.

Pódese optar polas especialidades de Psicoloxía da Saúde ou Intervención Psicolóxica en Contextos Educativos, as cales, á súa vez, teñen continuidade nos respectivos doutoramentos a que dan acceso, permitindo ao alumnado estender a súa formación até a obtención do título de doutor/a.

As clases son impartidas por profesorado doutor de acreditado prestixio docente e investigador, en horario de tarde para facilitar a compatibilidade coa actividade laboral.

Para obter máis información pode consultar a WEB DO MESTRADO.

O estudo está pendente de verificación

 

Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
25

Por que estudar a titulación

O Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada pretende afondar e ofrecer especialización nos seguintes aspectos:

  • As funcións, características e limitacións dos distintos modelos teóricos da psicoloxía.
  • As leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
  • Os procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
  • Os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
  • Os principios psicosociais do funcionamento dos grupos e das organizacións.
  • Os métodos de investigación e as técnicas de análise de datos.
  • Os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da psicoloxía.

Para obter máis información pode consultar a WEB DO MESTRADO.

 Folleto informativo