Para obter máis información pode consultar a web do mestrado.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Documentación, Organización e Presentación dun Traballo de Investigación | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Métodos e Técnicas de Recollida de Información en Psicoloxía Aplicada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Motivación e Emoción en Contextos Educativos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Os Modelos Mentais nas Relacións de Apego | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Psicoloxía Social Aplicada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Psicoloxía Social da Saúde | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Biopsicoloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Psicofarmacoloxía | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Psicoloxía Clínica da Saúde | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Benestar Psicolóxico | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Investigación de Proceso en Psicoterapia | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Autorregulación Cognitivo-Comportamental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Promoción da Saúde dos Adolescentes en Contextos Socioeducativos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Intervención Psicolóxica na Familia | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Áreas de Intervención en Psicoloxía Clínica da Saúde | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Programas de Intervención en Psicoloxía Clínica da Saúde | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Comunicación Aumentativa e Alternativa en Contextos Socioeducativos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Neuroxenética | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión de Riscos Psicosociais nas Organizacións | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Trastornos da Linguaxe Oral | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Avaliación e Intervención Psicoeducativa nos Trastornos do Desenvolvemento | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Altas Capacidades Intelectuais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Procesos de Aprendizaxe e Memoria: Ámbitos Aplicados | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Avaliación e Intervención Psicolóxica en Dificultades de Aprendizaxe | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.