Unha das principais saídas profesionais é o exercicio libre da profesión en consultas privadas e empresas.
Outras saídas profesionais son as seguintes:
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Fisioloxía Humana | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
Anatomía Xeral | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Psicoloxía Aplicada e Saúde | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Anatomía Específica do Membro Inferior | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Microbioloxía e Parasitoloxía | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Podoloxía Xeral | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Conceptos Xerais de Cirurxía | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Farmacoloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Biomecánica do Membro Inferior | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ortopodoloxía I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Quiropodoloxía I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Diagnóstico por Imaxe | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ortopodoloxía II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Patoloxía Podolóxica I | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Quiropodoloxía II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Podoloxía Preventiva | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ortopodoloxía Clínica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Patoloxía Podolóxica II | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dermatoloxía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Cirurxía Podolóxica I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Podoloxía Física | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Terapeútica Farmacolóxica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Cirurxía Podolóxica II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Prácticum I | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Podoloxía Deportiva | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Cirurxía Podolóxica Avanzada | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Pé de Risco | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico Aplicadas | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Prácticum II | Obrigatorio | 1º | 12 ECTS | |
Ética, Lexislación e Xestión en Podoloxía | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Prácticum III | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS | |
Reeducación Funcional das Afeccións Podolóxicas | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Técnicas de Anestesia e Reanimación en Podoloxía | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Innovación en Diagnóstico e Tratamento Ortopodolóxico mediante Técnicas de Materiais | Optativo | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Saúde, Educación Física e Deportiva, Enxeñaría Naval e Industrial, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Matemáticas e Psicoloxía.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.