A actividade profesional desenvólvese en: centros sanitarios, socio-sanitarios, sociais, educativos e outros (empresa, ONG, Defensa, centros penitenciarios, exercicio libre...).
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Anatomía | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
Psicoloxía | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
Fisioloxía | Formación básica | anual | 12 ECTS | |
Fundamentos da Enfermaría | Obrigatorio | anual | 12 ECTS | |
Bioloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Sistemas da Información e Comunicación en Ciencias da Saúde | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Nutrición | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Farmacoloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Situacións de Risco para a Saúde e Radioloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Estadías Clínicas I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Enfermaría Clínica I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Enfermaría Comunitaria I | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Enfermaría da Saúde Mental | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ética Profesional, Marco Legal e Filosofía do Coidado | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estadías Clínicas II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Enfermaría Clínica II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Enfermaría Clínica III | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
Enfermaría Materno-Infantil | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
Estadías Clínicas III | Obrigatorio | anual | 18 ECTS | |
Enfermaría Xerontolóxica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Enfermaría Comunitaria II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xestión dos Servizos da Enfermaría | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Enfermaría Laboral | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Métodos e Ferramentas Avanzadas en Investigación Cualitativa | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Farmacoterapia | Optativo | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Estadías Clínicas IV | Obrigatorio | 1º | 12 ECTS | |
Estadías Clínicas V | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estadías Clínicas VI | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estadías Clínicas VII | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Prácticum | Obrigatorio | 2º | 24 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Dereito Público, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Humanidades, Matemáticas, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.