Programa de simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e o Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

2025/2026 · 328 créditos

Que se aprende

Grao en Enxeñaría Mecánica Os ámbitos onde o Enxeñeiro Mecánico terá competencias para redactar, asinar e desenvolver proxectos son no deseño de máquinas, os procesos de fabricación e na construción industrial.

Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica Proporciona coñecementos científicos e tecnolóxicos para deseñar, construír, reparar e inspeccionar as plataformas dos buques, artefactos oceánicos e instalacións mariñas ou industriais da súa competencia, así como todos os cálculos relacionados coa arquitectura naval, os sistemas de propulsión e o resto de sistemas auxiliares e equipos do buque.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

Co programa de simultaneidade obtéñense as competencias profesionais dos dous graos.

Grao en Enxeñaría Mecánica Habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico industrial (orde ministerial CIN/351/2009) coas atribucións profesionais do actual Enxeñeiro Técnico Industrial especialidade Mecánica. Este grao dá acceso ao Máster en Enxeñaría Industrial que habilita para esa profesión regulada.

Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica Habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico naval (orde ministerial CIN/350/2009) coas atribucións profesionais do actual Enxeñeiro Técnico Naval, tanto na especialidade en Estruturas Mariñas coma na de Propulsión e Servizos do Buque. Este grao dá acceso ao Máster en Enxeñaría Naval e Oceánica que habilita para esa profesión regulada.

Saídas profesionais e académicas

  • Análise, deseño e ensaio de máquinas, motores e sistemas mecánicos, en xeral.
  • Sector automobilístico.
  • Estaleiros, compañías navieiras, sociedades de clasificación.
  • Desenvolvemento de sistemas robotizados.
  • Industria auxiliar de construción naval, fabricantes de motores e turbinas.
  • Sistemas de fabricación. Técnicas de fabricación e organización da produción.
  • Proxecto e construción de fábricas e plantas industriais.
  • Enxeñaría estrutural.
  • Enxeñaría de instalacións industriais e para a edificación.
  • Enxeñaría de mantemento.
  • Enxeñaría de transporte.
  • Portos, explotación de recursos mariños, industria offshore.
  • Xestión e organización de empresas.
  • Participación en proxectos multidisciplinares.
  • Participación en proxectos de investigación.

Empresas e institucións colaboradoras

A EPS dispón de mais de 200 convenios firmados con empresas de todos os sectores industriais, das cales as mais relevantes son:

  • Inditex
  • Navantia
  • Reganosa
  • Ghenova Ingeniería,S.L
  • Astilleros Armon,S.A
  • Televés,S.A
  • Pérez Torres Marítima,S.L
  • Peugeot Citröen Automóviles España,S.A
  • Naturgy
  • Hijos de Rivera,S.A.U (Estrella Galicia)
  • Schneider Electric España,S.L
  • Endesa
  • Ferrovial
  • Tecnalia Research&Innovation
  • Construcciones Navales Freire,S.A
  • Cuest Global

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS

Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 7,500000000 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 7,500000000 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS

Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS

Optativa Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Grao Segundo Cuadrimestre 12,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Traballo Fin de Grao Segundo Cuadrimestre 13,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 7,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS

Profesorado

Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.