Grao en Información e Documentación

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

A Facultade de Humanidades e Documentación en xeral, e o Grao en Información e Documentación en particular, ofrecen unha formación de alta calidade tanto no aspecto puramente académico como na faceta máis profesional das diferentes técnicas documentais.

Doutra parte, dada a propia planificación do título, ofrécese tamén contidos de corte humanista que complementan e melloran a formación do alumnado.

Ambos os aspectos forman unha excelente base para o futuro profesional.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias xenéricas do Grao en Información y Documentación.

Competencias específicas

Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias específicas do Grao en Información y Documentación.

Competencias transversais

Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias transversais do Grao en Información y Documentación.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O Grao en Información e Documentación formúlase como principal obxectivo a formación de profesionais nos métodos de clasificación e catalogación de libros e documentos, os diferentes sistemas de arquivo, as normas de catalogación e clasificación, a organización de bibliotecas e o uso de fontes de información bibliográfica. Ademais será básica a formación en aspectos relacionados coa organización dos centros e coa aplicación das novas tecnoloxías.

Sectores:
  • Bibliotecas xerais e especializadas
  • Arquivos das administracións públicas e empresas
  • Centros de información e documentación (medios de comunicación, editoriais, hospitais, empresas etc.)
  • Empresas de servizos de documentación

    Planificación do ensino

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Natureza e Evolución das Unidades de Información Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Arquivos Municipais Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Políticas de Información Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Administración de Arquivos Históricos Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Arquivos de Empresa Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Prácticas Externas (Prácticum) Con restriccións Obrigatorio 12 ECTS
    Bibliotecas Dixitais Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Deseño de Recursos Informativos en Web Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Recuperación e Avaliación de Información Electrónica Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Promoción de Servizos en Unidades de Información Con restriccións Optativo 6 ECTS
    Traballo Fin de Grao Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS

     BOE co plan de estudos (PDF)

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.