Grao en Información e Documentación

2020/2021 · 240 créditos

Que se aprende

A Facultade de Humanidades e Documentación en xeral, e o Grao en Información e Documentación en particular, ofrecen unha formación de alta calidade tanto no aspecto puramente académico como na faceta máis profesional das diferentes técnicas documentais.

Doutra parte, dada a propia planificación do título, ofrécese tamén contidos de corte humanista que complementan e melloran a formación do alumnado.

Ambos os aspectos forman unha excelente base para o futuro profesional.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias xenéricas do Grao en Información y Documentación.

Competencias específicas

Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias específicas do Grao en Información y Documentación.

Competencias transversais

Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias transversais do Grao en Información y Documentación.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O Grao en Información e Documentación formúlase como principal obxectivo a formación de profesionais nos métodos de clasificación e catalogación de libros e documentos, os diferentes sistemas de arquivo, as normas de catalogación e clasificación, a organización de bibliotecas e o uso de fontes de información bibliográfica. Ademais será básica a formación en aspectos relacionados coa organización dos centros e coa aplicación das novas tecnoloxías.

Sectores:
  • Bibliotecas xerais e especializadas
  • Arquivos das administracións públicas e empresas
  • Centros de información e documentación (medios de comunicación, editoriais, hospitais, empresas etc.)
  • Empresas de servizos de documentación

    Planificación do ensino

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Introdución á Historia Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Informática Aplicada Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Antropoloxía Socio-Cultural Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Introdución á Ética Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Xestión da Información: Fundamentos e Teoría Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Sistema do Coñecemento: Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Socioloxía Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Técnicas Historiográficas Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Bibliografía e Fontes de Información Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Arquivística Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Xestión de Empresas e Institucións Culturais Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Literatura Galega Con restriccións Formación básica 6 ECTS
    Documentación Xeral Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Biblioteconomía Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Informática Documental Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Análise Documental Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Análise Documental de Contido Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Estatística Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Catalogación Descritiva de Documentos Especiais Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
    Aspectos Xurídicos de Acceso á Información Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS

     BOE co plan de estudos (PDF)

    Profesorado

    O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Economía, Empresa, Humanidades, Letras, Matemáticas, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía, Química e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.