Nos prazos de matrícula establecidos poderán formalizar a súa matrícula os alumnos e alumnas que inicien os estudos de grao en calquera das titulacións da Universidade da Coruña e que cumpriren as condicións de acceso ou reuniren os requisitos de admisión establecidos no Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño e na Normativa de xestión académica da Univesidade.
Aqueles alumnos e alumnas que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao deberán estar admitidos/as para formalizar a matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).
Os interesados no Grao de Información e Documentación deben cumprir os requisitos de acceso á Universidade marcados polos órganos de Goberno da Universidade dá Coruña e pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para os estudantes de Bacharelato, as persoas maiores de 25 e 45 anos, os técnicos superiores de Formación Profesional, os titulados universitarios (graduado, diplomado, licenciado, enxeñeiro ou títulos equivalentes) e os estudantes estranxeiros.
Para cursar o Grao de Información e Documentación non existen condicións ou probas de acceso específicas, pero é recomendable que os futuros estudantes posúan as seguintes características académicas e persoais:
Características académicas:
Formación cultural básica
Dominio da lingua castelá e a lingua galega: capacidade de expresión oral e escrita
Coñecemento dun idioma estranxeiro
Manexo de ferramentas tecnolóxicas e coñecementos de informática básica
Características persoais:
Interese pola procura e recuperación de información
Curiosidade e gusto pola lectura
Pensamento creativo
Cualidades para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo
Habilidades para a comunicación interpersoal
Capacidade de análise e razoamento crítico
Adaptación aos cambios na contorna
Poderán acceder aos estudos universitarios oficias de grao as persoas que reúnan algún dos requisitos establecidos no artículo 3 do Real decreto 412/2014 de 6 de xuño:
De non obter o recoñecemento, deberá incorporarse ao proceso xeral de admisión
As ABAU están organizadas para todo o sistema universitario galego por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, a Comisión Interuniversitaria Galega, CIUG
A matrícula das ABAU faise a través da aplicación informática NERTA e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia
Proceso xeral de admisión: o alumnado que pretenda iniciar os estudos de primeiro curso de Grao, deberá realizar a preinscrición previa seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CIUG, a través da aplicación informática NERTA
Cada alumno/a formalizará unha única solicitude de preinscrición na que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez, no caso de titulacións iguais impartidas en diferentes centros universitarios e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia.
A CIUG publicará sucesivas resolucións de convocatoria a matrícula. A relación do alumnado convocado en cada prazo pode consultarse na aplicación informática NERTA. É un procedemento moi áxil con prazos curtos de matrícula.
O alumnado convocado a formalizar a matrícula, na titulación da súa preferencia da Universidade da Coruña, deberá facelo no prazo establecido pola resolución da CIUG, na web da UDC.
A CIUG é a responsable de publicar os criterios e procedementos de admisión nas titulacións de grao do Sistema Universitario Galego, para cada curso académico, na súa páxina web.
Alumnado de primeiro curso de grao: segundo o calendario establecido pola CIUG
Alumnado que continúe os seus estudos de grao: publicarase na web da UDC
Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:
Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.
Tamén destacamos os seguintes documentos:
Nesta gráfica pode comprobar cales foron a nota de acceso máis baixa, media e máis alta nas PAAU do alumnado que accederon ao estudo o longo dos anos.