Grao en Terapia Ocupacional

2024/2025 · 240 créditos

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estatística Formación básica anual 6 ECTS
Anatomía Humana Formación básica anual 9 ECTS
Fisioloxía Humana Formación básica anual 9 ECTS
Psicoloxía I Formación básica 6 ECTS
Antropoloxía Social e Cultural Formación básica 6 ECTS
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional Obrigatorio 7 ECTS
Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional Formación básica 6 ECTS
Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional Obrigatorio 6,5 ECTS
Estadías Prácticas I Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Idioma Moderno (Inglés) Formación básica anual 6 ECTS
Socioloxía Formación básica 6 ECTS
Proceso de Terapia Ocupacional Obrigatorio 5 ECTS
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional Obrigatorio 5 ECTS
Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional Obrigatorio 4,5 ECTS
Métodos Informáticos para Persoas con Discapacidade Obrigatorio 4,5 ECTS
Estadías Prácticas II Obrigatorio 4,5 ECTS
Psicoloxía II Formación básica 6 ECTS
Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil Obrigatorio 4,5 ECTS
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia Obrigatorio 9 ECTS
Estadías Prácticas III Obrigatorio 5 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Educación Física e Deportiva, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Humanidades, Letras, Matemáticas, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.