As graduadas e graduados nesta titulación desenvolven a súa acción socioeducativa con infancia e adolescencia, persoas adultas e maiores, mulleres, minorías, persoas inmigrantes e refuxiadas, persoas con diversidade funcional, e outros colectivos vulnerables e desfavorecidos, desde diversos ámbitos: educativo, laboral, sociocultural, socioambiental residencial, convivencial, comunitario, da saúde, protección, xustiza, tempo libre, cooperación...
As educadoras e educadores sociais traballan en entidades públicas, privadas e de iniciativa social nas que se desenvolven programas e/ou xestionan recursos e centros de: servizos sociais; protección e reeducación de infancia e adolescencia; acollemento familiar e adopción; ludotecas; atención de día e residencial de persoas maiores; aulas da terceira idade; escolas de persoas adultas; casas de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero; diversidade sexual; atención ás drogodependencias; comunidades terapéuticas; vivendas tuteladas para persoas con diversidade funcional; institucións penitenciarias; albergues para persoas sen fogar; obradoiros de emprego; centros de formación e orientación laboral e ocupacional; animación sociocultural; xestión cultural; tempo libre; participación social; cooperación ao desenvolvemento; granxas escola; aulas e centros de interpretación e educación ambiental; entre outras.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Tecnoloxías da Información e a Comunicación Social | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría da Educación | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Deseño e Desenvolvemento da Acción Socioeducativa | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicoloxía do Desenvolvemento | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicoloxía Social | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Socioloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Pedagoxía Social | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xénero, Igualdade e Educación | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación Permanente | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Historia da Educación | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización e Xestión de Institucións Socioeducativas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación Multicultural | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Servizos Sociais e Benestar Social | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Intervención en Contextos Familiares de Risco | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación de Menores en Desprotección e Conflito Social | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Animación e Xestión Sociocultural | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación de Persoas Adultas e Maiores | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos de Investigación | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Orientación Ocupacional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos de Avaliación de Programas e Servizos Socioeducativos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicoxerontoloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Intervención Psicolóxica nas Discapacidades | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Recollida e Análise da Información | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticum I | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Socioloxía da Educación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Orientación e Políticas de Emprego | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Prácticum II | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 30,0 ECTS | |
| Psicoloxía Comunitaria | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación e Medios de Comunicación Social | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación para a Paz, a Resolución de Conflitos e a Cidadanía | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Avaliación e Diagnóstico de Necesidades Socioeducativas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Dinámicas de Comunicación e Colaboración na Acción Socioeducativa | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.