Grao en Educación Primaria

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

Os/as graduados/a en Educación Primaria aprenderán a dispoñer dos coñecementos (saber), destrezas (saber facer) e actitudes (saber ser e estar) necesarios para exercer a súa actividade profesional, aprenderán a resolver problemas de maneira autónoma, activa e crítica, á vez que terán a capacidade para colaborar cos centros educativos e co seu contorno.

A pesar de que as competencias que o alumnado debe adquirir, en esencia, débense considerar de maneira integrada, a Universidade da Coruña optou por un modelo de clasificación que se especifica a continuación, para poder facer unha análise dos seus compoñentes.

Competencias xenéricas

As competencias xenéricas refírense a competencias transferibles a multitude de situacións e tarefas e son definidas pola propia titulación.

Integran as competencias propias do saber ser e estar que non son exclusivas dun único ámbito disciplinar, senón que son comúns a todos eles.

Por exemplo, toda persoa titulada ten que ter capacidade para traballar en equipo, adaptarse a novas situacións, traballar de forma autónoma, comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional...

Competencias específicas

As competencias específicas integran as competencias propias do saber e do saber facer, que conforman o campo disciplinar propio da titulación. Son competencias relacionadas directamente coa ocupación/profesión. Deste xeito están directamente vinculadas aos diferentes módulos (de formación básica, didáctico e disciplinar e prácticum) do título.

Por exemplo, coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria, coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no periodo 6-12, e abordar situacións escolares en contextos multiculturais, ou Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.

Competencias transversais

As competencias transversais son aquelas competencias definidas pola propia universidade que debería posuír calquera persoa universitaria que obtivese unha titulación na Universidade da Coruña.

Enténdense como competencias esenciais comúns ligadas á institución. Pódense abordar de forma integrada no currículo das materias e de forma específica a través de accións formativas desenvolvidas dende servizos da UDC como o Centro de Linguas, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), a Aula de Formación Informática etc.

Por exemplo, toda persoa titulada ten que ter a capacidade para expresarse correctamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma, empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida, entender a importancia da cultura emprendedora...

Saídas profesionais e académicas

A disposición adicional 12, punto 1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

Contorno profesional no que se sitúa

O Titulo cualifica para actuar profesionalmente como mestres de Educación Primaria xeralista e especialista en Educación Física ou en Educación Especial, coa mención correspondente, nos centros que se mencionan a continuación: Centros de ensinanza públicos. Centros de ensinanza concertados. Centros de ensinanza privados. Academias. Centros de educación permanente. Ludotecas. Servicios educativos en centros sanitarios. Centros socioculturais. Centros de acollida. Centros penitenciarios. ONGs

Saídas profesionais e académicas

Os estudos do Grao en Educación Primaria habilitan para a profesión regulada de mestra/e en Educación Primaria. Existen outras saídas académicas que lle permiten ao alumnado continuar os seus estudos na Facultade de Ciencias da Educación: *Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Comunicación, a Linguaxe e as súas Patoloxías. *Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa. *Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada. *Mestrado Universitario en Psicopedagoxía *Mestrado Interuniversitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

Empresas e institucións colaboradoras

Centros públicos/privados que impartan educación primaria e ciclos formativos/outros centros en que teñan recoñecida competencia docente ou impartan o ensino correspondente á educación primaria.

Planificación do ensino

O ensino organízase en catro cursos académicos cunha estrutura cuadrimestral. Todos os cuadrimestres teñen 30 créditos, agás os de cuarto curso, que constan de 36 créditos o primeiro e 24 o segundo. Este pequeno desaxuste xustifícase pola pretensión de dar maior peso ao Prácticum II e de reservarlle un período específico e exclusivo.

Todas as materias son cuadrimestrais, incluído o Prácticum I e II e o traballo de fin de grao, todas as de rama e obrigatorias teñen 6 créditos e todas as optativas 4,5.

A optatividade ofértase nos segundos cuadrimestres de terceiro e de cuarto.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Teoría da Educación Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía do Desenvolvemento de 6 a 12 Anos Formación básica 6 ECTS
Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Educación Formación básica 6 ECTS
Socioloxía da Educación Formación básica 6 ECTS
Lingua Galega e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Educación Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía da Aprendizaxe en Contextos Educativos Formación básica 6 ECTS
Educación Matemática I Obrigatorio 6 ECTS
Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Currículo Formación básica 6 ECTS
Lingua Castelá e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Organización e Avaliación de Institucións Educativas Formación básica 6 ECTS
Orientación, Titoría e Calidade Formación básica 6 ECTS
Lingua e Literatura Galega e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Deseño e Desenvolvemento Curricular da Educación Física Obrigatorio 6 ECTS
Educación Artística e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Educación Inclusiva e Multicultural Formación básica 6 ECTS
Lingua e Literatura Castelá e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Educación Matemática II Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica das Ciencias Sociais I Obrigatorio 6 ECTS
Ensino e Aprendizaxe das Ciencias da Natureza I Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ensino e Aprendizaxe das Ciencias da Natureza II Obrigatorio anual 9 ECTS
Didáctica das Ciencias Sociais II Obrigatorio anual 9 ECTS
Didáctica da Expresión Musical Obrigatorio 6 ECTS
Educación Matemática III Obrigatorio 6 ECTS
Xogos Motores Optativo 4,5 ECTS
Expresión Corporal e Adaptacións Curriculares Optativo 4,5 ECTS
Dificultades de Aprendizaxe Optativo 4,5 ECTS
Trastornos da Lingua Oral e Escrita Optativo 4,5 ECTS
Literatura Infantil e Xuvenil e a súa Didáctica Optativo 4,5 ECTS
Resolución de Problemas en Matemática Optativo 4,5 ECTS
Fundamentos da Educación Física na Sociedade Actual Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Lingua Estranxeira Obrigatorio 6 ECTS
Prácticum I Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticum II Obrigatorio 36 ECTS
Educación Física para o Lecer Optativo 4,5 ECTS
Iniciación Deportiva Optativo 4,5 ECTS
Sistemas Alternativos de Comunicación Optativo 4,5 ECTS
Atención á Diversidade: Aspectos Didácticos e Organizativos Optativo 4,5 ECTS
Diagnóstico Pedagóxico Optativo 4,5 ECTS
Medio Histórico e Xeográfico de Galicia e a súa Didáctica Optativo 4,5 ECTS
Didáctica da Educación para a Saúde Optativo 4,5 ECTS
Valores e Educación para a Igualdade Optativo 4,5 ECTS
Relixión, Cultura e Valores Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

* Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (BOE, do 30 de outubro de 2007), modificado polo RD 861/2010.

* Liñas xerais para a implantación dos títulos de grao e posgrao no SUG, aprobadas polo Consello Galego de Universidades o 5 de novembro de 2007.

* Directrices para a elaboración das propostas de títulos de grao na Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno da UDC o 23 de novembro de 2007.

Orden ECI/3857/2007, de 27 de decembro, BOE de 29 decembro de 2007.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Letras, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

Os estudantes poden solicitar mobilidade académica cos programas "Erasmus/Bilateral con fins de estudo" e "Erasmus Prácticas".