Grao en Estudos de Arquitectura

2023/2024 · 300 créditos

Que se aprende

Cursar esta titulación proporcionará unha grande carga artística, técnica, sociolóxica e humanística relacionada co habitar.

Introdúcese ao estudantado nos conceptos estruturais, da construción e as distintas tecnoloxías vinculadas co proceso de edificación.

En todos os casos, incídese nos aspectos enerxéticos, de sustentabilidade e de atención á diversidade.

O título de Grao en Estudos de Arquitectura non habilita para ningunha profesión regulada, pero constitúe requisito académico para o acceso ao Título Oficial de Mestrado Universitario en Arquitectura, que é o título habilitante para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto, de acordo co sinalado na Orde EDU/2075/2010, de 29 de xullo, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Podes consultalas na memoria da titulación

Competencias específicas

Podes consultalas na memoria da titulación

Competencias transversais

Podes consultalas na memoria da titulación

Saídas profesionais e académicas

  • Acceder, de forma exclusiva, ao Mestrado Universitario en Arquitectura, co que se adquiren plenas atribucións profesionais
  • Acceder aos programas de doutoramento, ao superar este grao os 300 ECTS
  • Acceder a oposicións á función pública (técnicos superiores, ensinanza, …)
  • Colaborar nos procesos de deseño arquitectónico
  • Colaborar en procesos de deseño e de planeamento urbanos
  • Colaborar en proxectos de planeamento territorial
  • Xestión do patrimonio arquitectónico
  • Colaborar na intervención no patrimonio arquitectónico
  • Deseño paisaxístico
  • Deseño industrial, de mobiliario, gráfico, de moda, …
  • Interiorismo
  • Procesos de sustentabilidade do medio construido
  • Industria dos materiais e as técnicas da construción
  • Deseño de instalacións

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Debuxo de Arquitectura Formación básica 6 ECTS
Xeometría Descritiva Formación básica 6 ECTS
Matemáticas para a Arquitectura 1 Formación básica 6 ECTS
Introdución á Arquitectura Obrigatorio 6 ECTS
Física para a Arquitectura 1 Formación básica 6 ECTS
Proxectos 1 Obrigatorio 6 ECTS
Análise de Formas Arquitectónicas Formación básica 6 ECTS
Matemáticas para a Arquitectura 2 Formación básica 6 ECTS
Construción 1 Obrigatorio 6 ECTS
Xeometría da Forma Arquitectónica Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Proxectos 2 Obrigatorio 6 ECTS
Análise Arquitectónica 1 Formación básica 6 ECTS
Física para a Arquitectura 2 Formación básica 6 ECTS
Historia da Arte Obrigatorio 6 ECTS
Construción 2 Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos 3 Obrigatorio 9 ECTS
Análise Arquitectónica 2 Formación básica 9 ECTS
Urbanística 1 Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas 1 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Proxectos 4 Obrigatorio 6 ECTS
Construción 3 Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas 2 Obrigatorio 6 ECTS
Urbanística 2 Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións 1 Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos 5 Obrigatorio 6 ECTS
Teoría da Arquitectura Obrigatorio 6 ECTS
Construción 4 Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas 3 Obrigatorio 6 ECTS
Urbanística 3 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Proxectos 6 Obrigatorio 6 ECTS
Urbanística 4 Obrigatorio 6 ECTS
Construción 5 Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas 4 Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Arquitectura 1 Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos 7 Obrigatorio 6 ECTS
Construción 6 Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas 5 Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións 2 Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Arquitectura 2 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Proxectos 8 Obrigatorio 9 ECTS
Urbanística 5 Obrigatorio 6 ECTS
Cimentacións Obrigatorio 6 ECTS
Construción 7 Obrigatorio 4,5 ECTS
Arquitectura Legal Obrigatorio 4,5 ECTS
Proxectos 9 Obrigatorio 9 ECTS
Técnicas Matemáticas para a Arquitectura Optativo 4,5 ECTS
Construción Avanzada Optativo 6 ECTS
Estruturas Singulares Optativo 6 ECTS
Instalacións 3 Optativo 4,5 ECTS
Representación Avanzada en Arquitectura Optativo 4,5 ECTS
Xeometrías Complexas en Arquitectura Optativo 6 ECTS
Comunicación Gráfica en Arquitectura Optativo 4,5 ECTS
Deseño Industrial Optativo 6 ECTS
Intervención no Patrimonio Europeo Optativo 4,5 ECTS
Paisaxe e Hábitat Sostible Optativo 6 ECTS
Ordenación do Territorio Optativo 4,5 ECTS
Arquitectura de Escala Complexa Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS
Actuacións Urbanísticas Contemporáneas Optativo 6 ECTS
Teoría da Intervención Contemporánea Optativo 4,5 ECTS
Hábitat Básico Optativo 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Enxeñaría Civil, Expresión Gráfica Arquitectónica, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.