Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Bases Anatómicas, Kinesiolóxicas e Biomecánicas do Movemento Humano e do Exercicio | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
| Bases Históricas, Epistemolóxicas e Sociais da Actividade Física e do Deporte | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
| Bases Pedagóxicas e Didácticas en Actividade Física e Deporte | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
| Xogos Motores, Iniciación Deportiva e a súa Didáctica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos das Habilidades Ximnásticas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos do Fútbol | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos das Habilidades Atléticas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos das Habilidades Acuáticas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos do Voleibol | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Bases de Control do Movemento Humano e do Exercicio | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
| Bases Fisiolóxicas do Movemento Humano e do Exercicio | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
| Bases do Método Científico e de Tecnoloxías en Actividade Física e Deporte | Formación básica | anual | 9 ECTS | |
| Bases Psicolóxicas e Comportamentais da Actividade Física e do Deporte | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Expresión Corporal, Danza e a súa Didáctica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Actividades na Natureza, Recreación e a súa Didáctica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos do Balonmán | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos das Habilidades de Loita | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Fundamentos Didácticos do Baloncesto | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos |
|---|
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos |
|---|
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Saúde, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Economía, Educación Física e Deportiva, Empresa, Física e Ciencias da Terra, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Matemáticas, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.