Grao en Enxeñaría Informática

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

As persoas que obteñan o título de Graduado/a en Enxeñaría Informática son profesionais cunha formación ampla e sólida que as prepara para dirixiren e realizaren as tarefas de todas as fases do ciclo de vida de sistemas, aplicacións e produtos que resolvan problemas de calquera ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, aplicando o seu coñecemento científico e os métodos e técnicas propios da enxeñaría.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Os profesionais informáticos gozan dunha situación laboral moi favorable que os aproxima ao pleno emprego.

Saídas profesionais e académicas

Os principais perfís con que se identifican os profesionais informáticos son os seguintes:

  • Programador de sistemas informáticos
  • Analista de tecnoloxías da información
  • Analista de sistemas informáticos
  • Profesor/docente/investigador (educación secundaria obrigatoria, ciclos formativos, universitario etc.)
  • Director/xestor/consultor tecnoloxías da información

Planificación do ensino

O plan ofrece as cinco especialidades da Enxeñaría Informática en forma de cinco itinerarios ou mencións: Computación, Enxeñaría de Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñaría do Software, fomentando un deseño curricular ben definido e recoñecible máis tarde en termos de perfís profesionais, como contraposición ao típico deseño á carta, cunha extensa oferta de optativas, máis frecuente nunha titulación sen itinerarios. Como consecuencia a optatividade céntrase máis na elección dun itinerario que na selección arbitraria dun conxunto de materias independentes.

Para a obtención do título de Graduado/a en Enxeñaría Informática pola UDC, o estudante debe superar 240 créditos ECTS organizados do seguinte xeito:

  • 60 ECTS no Módulo de Formación Básica (10 materias), de carácter obrigatorio, planificadas no primeiro curso.
  • 90 ECTS no Módulo de 15 materias comúns, obrigatorias, planificadas no segundo curso e na primeira metade do terceiro curso.
  • 60 ECTS en 10 materias obrigatorias da especialidade que desexe acreditar o estudante (Tecnoloxía Específica), e planificadas para a segunda metade do terceiro curso e o cuarto curso.
  • 18 ECTS en 3 materias optativas de especialidade, planificadas para o último curso, podendo optar o estudante por realizar prácticas en empresa ata por 12 ECTS ou solicitar o recoñecemento de créditos por participar en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación ata un máximo de 6 ECTS.
  • Finalmente 12 ECTS corresponden á realización do Proxecto de Fin de Grao, que debe adecuarse ás competencias adquiridas nas ensinanzas da especialidade cursada
Máis información no seguinte documento.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Programación I Formación básica 6 ECTS
Informática Básica Formación básica 6 ECTS
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Matemática Discreta Formación básica 6 ECTS
Administración e Xestión de Organizacións Formación básica 6 ECTS
Tecnoloxía Electrónica Formación básica 6 ECTS
Programación II Formación básica 6 ECTS
Fundamentos dos Computadores Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Algoritmos Obrigatorio 6 ECTS
Estrutura de Computadores Obrigatorio 6 ECTS
Paradigmas de Programación Obrigatorio 6 ECTS
Deseño Software Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas Operativos Obrigatorio 6 ECTS
Bases de Datos Obrigatorio 6 ECTS
Redes Obrigatorio 6 ECTS
Concorrencia e Paralelismo Obrigatorio 6 ECTS
Proceso Software Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas Intelixentes Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xestión de Proxectos Obrigatorio 6 ECTS
Interfaces Persoa Máquina Obrigatorio 6 ECTS
Internet e Sistemas Distribuídos Obrigatorio 6 ECTS
Lexislación e Seguridade Informática Obrigatorio 6 ECTS
Xestión de Infraestruturas Obrigatorio 6 ECTS
Arquitectura do Software Optativo 6 ECTS
Enxeñaría de Requisitos Optativo 6 ECTS
Aseguramento da Calidade Optativo 6 ECTS
Bases de Datos Avanzadas Optativo 6 ECTS
Programación Avanzada Optativo 6 ECTS
Codeseño Hardware/Software Optativo 6 ECTS
Dispositivos Hardware e Interfaces Optativo 6 ECTS
Arquitectura de Computadores Optativo 6 ECTS
Software de Comunicacións Optativo 6 ECTS
Procesamento Dixital da Información Optativo 6 ECTS
Representación do Coñecemento e Razoamento Automático Optativo 6 ECTS
Desenvolvemento de Sistemas Intelixentes Optativo 6 ECTS
Aprendizaxe Automática Optativo 6 ECTS
Teoría da Computación Optativo 6 ECTS
Recuperación de Información Optativo 6 ECTS
Análise e Desenvolvemento dos Sistemas de Información Optativo 6 ECTS
Xestión de Procesos de Negocio Optativo 6 ECTS
Explotación de Almacéns de Datos Optativo 6 ECTS
Calidade en Sistemas de Información Optativo 6 ECTS
Modelado Avanzado de Información Optativo 6 ECTS
Calidade na Xestión TIC Optativo 6 ECTS
Administración de Sistemas Operativos Optativo 6 ECTS
Administración de Redes Optativo 6 ECTS
Programación Integrativa Optativo 6 ECTS
Administración de Bases de Datos Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Metodoloxías de Desenvolvemento Optativo 6 ECTS
Marcos de Desenvolvemento Optativo 6 ECTS
Validación e Verificación do Software Optativo 6 ECTS
Ferramentas de Desenvolvemento Optativo 6 ECTS
Métodos Estatísticos Optativo 6 ECTS
Programación de Sistemas Optativo 6 ECTS
Enxeñaría de Infraestruturas Informáticas Optativo 6 ECTS
Sistemas Encaixados Optativo 6 ECTS
Redes Móbiles e Sen Fíos Optativo 6 ECTS
Métodos Numéricos para a Informática Optativo 6 ECTS
Deseño das Linguaxes de Programación Optativo 6 ECTS
Computación Gráfica e Visualización Optativo 6 ECTS
Procesamento de Linguaxes Optativo 6 ECTS
Visión Artificial Optativo 6 ECTS
Integración de Datos Optativo 6 ECTS
Sistemas de Información Empresarial Optativo 6 ECTS
Sectores de Negocio Optativo 6 ECTS
Arquitectura dos Sistemas de Información Optativo 6 ECTS
Seguridade nos Sistemas Informáticos Optativo 6 ECTS
Integración de Aplicacións Optativo 6 ECTS
Servizos Multimedia Optativo 6 ECTS
Deseño de Redes Optativo 6 ECTS
Prácticas en Empresa Optativo 12 ECTS
Contornos Inmersivos, Interactivos e de Entretemento Optativo 6 ECTS
Proxectos de Desenvolvemento Software Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao. Mención en Enxeñaría do Software Obrigatorio 12 ECTS
Administración de Infraestruturas Informáticas Optativo 6 ECTS
Robótica Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao. Mención en Enxeñaría de Computadores Obrigatorio 12 ECTS
Traballo Fin de Grao. Mención en Computación Obrigatorio 12 ECTS
Planificación de Sistemas de Información Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao. Mención en Sistemas de Información Obrigatorio 12 ECTS
Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao. Mención en Tecnoloxías da Información Obrigatorio 12 ECTS
Prácticas en Empresa Optativo 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Matemáticas e Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.