Programa de simultaneidade do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

2024/2025 · 324 créditos

Que se aprende

O programa proporciona unha formación moi ampla no ámbito dos estudos sobre a lingua, literatura e cultura anglófonas e hispánicas. Estúdanse as diferentes ramas do saber filolóxico (gramática, pragmática, sociolingüística, historia da lingua, movementos e xéneros literarios, autoras e autores das literaturas española e inglesa etc.) combinando os dous espazos culturais. Desta forma, o alumnado fica moi preparado para desenvolver con suceso as responsabilidades da súa actividade laboral.

Ao mesmo tempo, permete adquirir unha moi boa competencia plurilingüe (inglés, español e galego; opcionalmente, tamén en francés, italiano e portugués), o que redunda positivamente nas destrezas profesionais do estudantado.

Competencias xenéricas

Entre as habilidades xenéricas que adquire o estudantado cómpre sinalar a capacidade de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica, a competencia para analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando as modernas técnicas de análise textual, a habilidade para aplicar as novas tecnoloxías ao estudo do fenómeno lingüístico e literario, a capacidade para apreciar os valores artísticos, culturais e estéticos nos textos literarios e a habilidade para pór en relación a lingua, a literatura, a historia e a cultura.

Competencias específicas

  • Coñecer e aplicar os métodos e técnicas de análise lingüística e literaria no marco dos estudos hispánicos e anglófonos
  • Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria anglófona e hispánica
  • Dominar a gramática das linguas inglesa e española
  • Ter un dominio instrumental avanzado da lingua galega
  • Ter un coñecemento avanzado das literaturas anglófonas e de expresión española
  • Ter capacidade para analizar, avaliar, e sintetizar criticamente información lingüística e literaria do ámbito inglés e español
  • Coñecer a variación lingüística no dominio anglófono e español
  • Coñecer a historia interna e externa das linguas inglesa e española
  • Coñecer as tipoloxías textuais e formular propostas de corrección lingüística e/ou textual para o inglés e o español

Competencias transversais

Ao acabar a titulación, cada estudante terá interiorizadas como competencias transversais, entre outras, as seguintes: adquirir a capacidade de autoformación; valorizar o respecto polos dereitos fundamentais do ser humano e polos principios democráticos; relacionar os coñecementos deste programa de simultaneidade cos doutras áreas e disciplinas humanísticas; ter capacidade de análise, crítica e síntese sobre os fenómenos literarios, socioculturais e lingüísticos; valorizar a diversidade lingüística e cultural; finalmente, valorizar a importancia da investigación na lingüística e na literatura para o avanzo socioeconómico e cultural da sociedade.

Saídas profesionais e académicas

As saídas no mundo laboral enmárcanse preferencialmente no campo humanístico, lingüístico-literario e cultural.

Contorno profesional no que se sitúa

O alumnado que finalizar os seus estudos disporá dunha especialización moi alta no ámbito lingüístico e literario anglófono e español. Por iso, conectará cun contexto profesional tamén especializado en que o ensino no ámbito público e privado (academias, colexios, facultades, institutos, lectorados en universidades estranxeiras etc.), o asesoramento lingüístico e sociocultural, a tradución ou a dinamización cultural se perfilan como os principais itinerarios laborais.

Saídas profesionais e académicas

Entre os principais perfís de saídas académico-laborais, saliéntanse os seguintes: docencia, tradución e interpretación, asesoramento e mediación lingüística, cultural e editorial, asesoramento cultural e lingüístico no mundo empresarial, crítica literaria, medios de comunicación, xestión cultural, promoción literaria, terapia lingüística, publicidade, librarías especializadas etc.

O estudantado pode, igualmente, continuar a súa formación superior e acceder aos mestrados que se ofertan na facultade.

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade de Filoloxía mantén convenios de colaboración con máis de 20 entidades para que o alumnado poida entrar en contacto co ámbito laboral. Neses convenios, que se renovan cada ano, organízanse as prácticas externas extracurriculares. Así, o estudantado entra en contacto co mundo editorial, con centros tecnolóxicos, con bibliotecas, con institucións culturais etc. e pode comprobar en primeira persoa as posibilidades profesionais despois dos estudos. Algúns dos organismos en que se realizan as prácticas son os seguintes: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña), Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña), Casa Museo Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela), Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos etc.

Planificación do ensino

O Programa de Simultaneidade do Grao en Inglés e Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios estrutúrase en cinco anos académicos organizados en dez cuadrimestres, excepto no segundo curso, en que dúas materias teñen carácter anual. Isto significa que en só cinco anos un alumno ou unha alumna consegue ter dúas titulacións sen custo adicional ningún. Nos dous primeiros cursos, todas as materias teñen carácter obrigatorio e son comúns tanto para os graos como para os outros programas de simultaneidade. A partir desta formación común, no terceiro, cuarto e quinto ano cada estudante poderá aprofundar no estudo das linguas inglesa e española e nas súas literaturas correspondentes.

O plano de estudos distribúese en 324 créditos, unicamente máis 84 que nos graos tradicionais. De todo ese conxunto de créditos, 120 son cursados no 1º e no 2º curso nas materias comúns; as materias obrigatorias de 3º e 4º dos dous graos implicados distribúense entre os cursos 3º, 4º e 5º dos planos de simultaneidade. Entre o 4º e o 5º curso estudaranse 4 materias optativas específicas de cada un dos graos.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Lingua Española 1 Formación básica 6 ECTS
Lingua Galega 1 Formación básica 6 ECTS
Lingua Inglesa 1 Formación básica 6 ECTS
Lingüística Xeral Formación básica 6 ECTS
Introdución aos Estudos Literarios Formación básica 6 ECTS
Lingua e Cultura Clásica Formación básica 6 ECTS
Tecnoloxías da Información e da Comunicación Formación básica 6 ECTS
Lingua Inglesa 2 Formación básica 6 ECTS
Historia Formación básica 6 ECTS
Literatura Inglesa 1 Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Literatura Española Obrigatorio anual 9 ECTS
Literatura Galega Obrigatorio anual 9 ECTS
Lingua Española 2 Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Galega 2 Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Inglesa 3 Obrigatorio 6 ECTS
Idioma Moderno: Francés Obrigatorio 6 ECTS
Idioma Moderno: Italiano Obrigatorio 6 ECTS
Idioma Moderno: Portugués Obrigatorio 6 ECTS
Idioma Moderno: Alemán Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Inglesa 2 Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas de Tradución Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Inglesa 4 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Morfoloxía do Español Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Española Medieval Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Española do Século de Ouro 1 Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Inglesa e os seus Usos 1 Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Inglesa (XVI-XVII) Obrigatorio 6 ECTS
Fonética da Lingua Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Sintaxe do Español Obrigatorio 6 ECTS
Historia do Español Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Española do Século de Ouro 2 Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Norteamericana 1 Obrigatorio 6 ECTS
Gramática Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Poscolonial Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fonética e Fonoloxía do Español Obrigatorio 6 ECTS
Lecturas de Literatura Española. Prosa Optativo 4,5 ECTS
Español Actual Optativo 4,5 ECTS
Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Hispanoamericana Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas de Investigación Literaria Optativo 4,5 ECTS
Cuestións de Historia da Lingua Española Optativo 4,5 ECTS
Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas de Redacción e Argumentación Optativo 4,5 ECTS
Inglés Científico-Técnico Optativo 4,5 ECTS
Literatura Inglesa (Séculos XVIII e XIX) Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Inglesa e os seus Usos 2 Obrigatorio 6 ECTS
Variedades do Inglés Optativo 4,5 ECTS
Literatura Inglesa e Xénero Optativo 4,5 ECTS
Lecturas de Literatura Española. Teatro Optativo 4,5 ECTS
Variedades do Español Optativo 4,5 ECTS
Gramática do Texto Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Española dos Séculos XX e XXI Obrigatorio 6 ECTS
Lecturas de Literatura Española. Poesía Optativo 4,5 ECTS
Análise Lingüística de Textos Españois Optativo 4,5 ECTS
Cuestións de Lingua Inglesa Optativo 4,5 ECTS
A Literatura Inglesa e a súa Crítica Optativo 4,5 ECTS
Estudos de Lingua Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI) Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Irlandesa Optativo 4,5 ECTS
Literatura Norteamericana nos seus Textos Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Lexicoloxía e Semántica do Español Obrigatorio 6 ECTS
Introdución á Investigación sobre Lingua e Literatura Española Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Norteamericana 2 Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Lingua Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

Referentes externos

Este programa foi elaborado desde a posibilidade de que un/ha estudante poida simultanear os estudos do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios cos do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios, os cales, respectivamente, substituíran as anteriores Licenciatura en Filoloxía Inglesa e Licenciatura en Filoloxía Hispánica. Para a implantación dos graos, tamén se tivo presente a oferta de títulos de diferentes universidades europeas, onde é moi frecuente que se estuden polo menos dúas linguas de maneira conxunta (Franza, Italia, Portugal...) e as súas literaturas respectivas, ben como materias de lingüística, teoría literaria e tradución.

Procedementos de consulta empregados

A elaboración deste programa foi feita ao abeiro da “Normativa específica para o Programa de Simultaneidade do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios”, a cal foi aprobada polo Consello de Goberno da UDC na súa sesión de data 23 de marzo de 2015. O anteproxecto foi exposto publicamente, debatido e finalmente aprobado pola Xunta de Facultade.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Humanidades e Letras.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A Facultade de Filoloxía da UDC conta cunha longa tradición de participación e cooperación na elaboración de estratexias de mobilidade do estudantado, particularmente no ámbito europeo. Isto favorece o contacto con outras realidades lingüísticas, literarias, culturais e sociais en diferentes países, co evidente enriquecemento cultural e persoal para o alumnado. Así, grazas aos convenios existentes, as persoas que cursaren o Programa de Simultaneidade do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios e Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios teñen a posibilidade de completaren parte da titulación nunha universidade española ou estranxeira.