O programa proporciona unha formación moi ampla no ámbito dos estudos sobre a lingua, literatura e cultura no ámbito hispánico e galego-portugués. Estúdanse as diferentes ramas do saber filolóxico (gramática, pragmática, sociolingüística, historia da lingua, movementos e xéneros literarios, autoras e autores das literaturas española, galega e portuguesa etc.) combinando os dous espazos culturais. Desta forma, o alumnado fica moi preparado para desenvolver con suceso as responsabilidades da súa vida laboral. Ao mesmo tempo, adquire unha moi boa competencia plurilingüe (español, galego e portugués, inglés; opcionalmente, tamén en francés e italiano), o que redunda positivamente nas súas destrezas profesionais.
Entre as habilidades xenéricas que adquire o estudantado cómpre sinalar a capacidade de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica, a competencia para analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando as modernas técnicas de análise textual, a habilidade para aplicar as novas tecnoloxías ao estudo do fenómeno lingüístico e literario, a capacidade para apreciar os valores artísticos, culturais e estéticos nos textos literarios e a habilidade para pór en relación a lingua, a literatura, a historia e a cultura.
Cando finalizar o Programa de Simultaneidade en Grao en Español: Estudos Linguüísticos e Literarios e Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, o alumnado fica totalmente cualificado nas seguintes competencias:
Ao acabar a titulación, cada estudante terá interiorizadas como competencias transversais, entre outras, as seguintes: adguirir a capacidade de autoformación; valorizar o respecto polos dereitos fundamentais do ser humano e polos principios democráticos; relacionar os coñecementos deste programa de simultaneidade cos doutras áreas e disciplinas humanísticas; ter capacidade de análise, crítica e síntese sobre os fenómenos literarios, socioculturais e lingüísticos; valorizar a diversidade lingüística e cultural; finalmente, valorizar a importancia da investigación na lingüística e na literatura para o avanzo socioeconómico e cultural da sociedade.
As saídas no mundo laboral enmárcanse preferencialmente no campo humanístico, lingüístico-literario e cultural.
O alumnado que finalizar os seus estudos disporá dunha especialización moi alta no ámbito lingüístico e literario hispánico e galego-portugués. Por iso, conectará cun contexto profesional tamén especializado en que o ensino no ámbito público e privado (academias, colexios, facultades, institutos, lectorados en universidades estranxeiras etc.), o asesoramento lingüístico e sociocultural, a tradución ou a dinamización cultural se perfilan como os principais itinerarios laborais.
Entre os principais perfís de saídas académico-laborais, saliéntanse os seguintes: docencia, tradución e interpretación, asesoramento e mediación lingüística, cultural e editorial, asesoramento cultural e lingüístico no mundo empresarial, crítica literaria, medios de comunicación, xestión cultural, promoción literaria, normalización lingüística, terapia lingüística, publicidade, librarías especializadas etc.
O estudantado pode, igualmente, continuar a súa formación superior e acceder aos mestrados que se ofertan na facultade.
A Facultade de Filoloxía mantén convenios de colaboración con máis de 20 entidades para que o alumnado poida entrar en contacto co ámbito laboral. Neses convenios, que se renovan cada ano, organízanse as prácticas externas extracurriculares. Así, o estudantado entra en contacto co mundo editorial, con centros tecnolóxicos, con bibliotecas, con institucións culturais etc. e pode comprobar en primeira persoa as posibilidades profesionais despois dos estudos. Algúns dos organismos en que se realizan as prácticas son os seguintes: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña), Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña), Casa Museo Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela), Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos etc.
O Programa de Simultaneidade do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios estrutúrase en cinco anos académicos organizados en dez cuadrimestres, excepto no segundo curso, en que dúas materias teñen carácter anual. Isto significa que en só cinco anos un alumno ou unha alumna consegue ter dúas titulacións sen custo adicional ningún. Nos dous primeiros cursos, todas as materias teñen carácter obrigatorio e son comúns tanto para os graos como para os outros programas de simultaneidade. A partir desta formación común, no terceiro, cuarto e quinto ano cada estudante poderá aprofundar no estudo das linguas inglesa, galega e portuguesa e nas súas literaturas correspondentes.
O plano de estudos distribúese en 324 créditos, unicamente máis 84 que nos graos tradicionais. De todo ese conxunto de créditos, 120 son cursados no 1º e no 2º curso nas materias comúns; as materias obrigatorias de 3º e 4º dos dous graos implicados distribúense entre os cursos 3º, 4º e 5º dos planos de simultaneidade. Entre o 4º e o 5º cursos estudaranse 4 materias optativas específicas de cada un dos graos.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Lingua Española 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Galega 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingüística Xeral | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Introdución aos Estudos Literarios | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingua e Cultura Clásica | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Tecnoloxías da Información e da Comunicación | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Historia | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Literatura Inglesa 1 | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Literatura Española | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
Literatura Galega | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
Lingua Española 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Galega 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 3 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno: Francés | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno: Italiano | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno: Alemán | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Inglesa 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Técnicas de Tradución | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 4 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Morfoloxía do Español | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Española Medieval | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Española do Século de Ouro 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Galega e Comunicación Oral | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Portuguesa 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Medieval Galego-Portuguesa | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Sintaxe do Español | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Historia do Español | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Literatura Española do Século de Ouro 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Literatura Galega Contemporánea 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Lingua Galega e Sociedade | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Literatura Portuguesa 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Lexicoloxía e Semántica do Español | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Investigación sobre Lingua e Literatura Española | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Portuguesa 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Galega: Norma e Usos | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Este programa foi elaborado desde a posibilidade de que un/ha estudante poida simultanear os estudos do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios cos do Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, os cales, respectivamente, substituíran as anteriores Licenciatura en Filoloxía Hispánica e Licenciatura en Filoloxía Galega. Para a implantación dos graos, tamén se tivo presente a oferta de títulos de diferentes universidades europeas, onde é moi frecuente que se estuden polo menos dúas linguas de maneira conxunta (Franza, Italia, Portugal...) e as súas literaturas respectivas, ben como materias de lingüística, teoría literaria e tradución.
A elaboración deste programa foi feita ao abeiro da “Normativa específica para o Programa de Simultaneidade do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios”, a cal foi aprobada polo Consello de Goberno da UDC na súa sesión do día 23 de marzo de 2015. O anteproxecto foi exposto publicamente, debatido e finalmente aprobado pola Xunta de Facultade.
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Humanidades e Letras.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
A Facultade de Filoloxía da UDC conta cunha longa tradición de participación e cooperación na elaboración de estratexias de mobilidade do estudantado, particularmente no ámbito europeo. Isto favorece o contacto con outras realidades lingüísticas, literarias, culturais e sociais en diferentes países, co evidente enriquecemento cultural e persoal para o alumnado. Así, grazas aos convenios existentes, as persoas que cursaren o Programa de Simultaneidade do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios teñen a posibilidade de completaren parte da titulación nunha universidade española ou estranxeira.