Grao en Dereito

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

Apréndese a ser un profesional cun perfil eminentemente xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co mundo do dereito e con capacidade para liderar o desenvolvemento de proxectos e adaptarse de xeito eficiente a un ámbito de rápida evolución.

Respecto ao contido adquírese un coñecemento teórico e práctico do noso sistema xurídico, tanto o de ámbito nacional como o autonómico e o europeo.

Os nosos alumnos tamén aprenden a argumentar e a manexar as ferramentas básicas para actuar nos tribunais, nos despachos de avogados, administracións públicas etc.

Podes obter máis información premendo aquí.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Entre outras, algunhas das competencias xenéricas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes :

  • Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  • Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  • Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Competencias específicas

Entre outras, algunhas das competencias específicas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:

  • Coñecemento das principais institucións xurídicas.
  • Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
  • Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
  • Capacidade de interpretar e analizar criticamente o ordenamento xurídico.
  • Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
  • Manexo da oratoria xurídica.

Competencias transversais

Entre outras, algunhas das competencias transversais que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:

  • Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  • Traballar de forma colaborativa.
  • Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.

Saídas profesionais e académicas

O título de graduado en Dereito conseguirá que o alumnado que remate os estudos conte cunha formación teórica e práctica no noso sistema xurídico, tanto o de ámbito nacional coma o autonómico e o europeo.

Os graduados serán capaces de comprenderen o funcionamento do sistema xurídico, saberán argumentar en dereito e coñecerán as ferramentas básicas para actuar nos tribunais.

Contorno profesional no que se sitúa

Desde o punto de vista da inserción laboral, os nosos graduados en Dereito contan cunhas perspectivas altas de accederen a un emprego, pois a versatilidade dos estudos, posibilítalles desempeñar unha actividade xurídica tanto no campo privado como no público.

Pero sobre todo, as características socioeconómicas tanto da cidade da Coruña coma da súa área metropolitana contan cun importante desenvolvemento dos sectores de servizos e industria que precisan de profesionais do ámbito xurídico.

Na cidade ten a súa sede o máximo órgano xudicial da Comunidade Autónoma, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Audiencia Provincial e un importante número de xulgados.

Así mesmo, na capital herculina aséntase a Delegación do Goberno en Galicia e un bo número de organismos autonómicos, o que determina unha gran demanda de postos na administración pública.

Polo que respecta á iniciativa privada, son especialmente significativas as empresas dedicadas ao mundo da banca e ao sector téxtil, todas elas cunha clara necesidade de contar con gabinetes ou servizos xurídicos.

Saídas profesionais e académicas

As principais saídas profesionais son as seguintes:

  • Avogada/o (exercicio libre da profesión ou Avogado do Estado)
  • Xuíza/xuíz
  • Fiscal
  • Notaria/o
  • Profesor/a de universidade
  • Procuradora/procurador dos tribunais
  • Asesora/asesor Fiscal
  • Axente de cambio e bolsa
  • Rexistradora/rexistrador da propiedade inmobiliaria
  • Corpo diplomático
  • Secretaria/o de concello
  • Corpos da Administración da Unión Europea e organismos internacionais, do Estado, das comunidades autónomas e das administracións locais.
  • Asesoría xurídica, fiscal, laboral das empresas privadas

Empresas e institucións colaboradoras

As principais empresas e institucións que colaboran, principalmente para a realización das prácticas externas son as seguintes:

  • INDITEX
  • LA VOZ DE GALICIA
  • VEIRA Y VILARIÑO ABOGADOS
  • NOVA GALICIA BANCO
  • GIRÁLDEZ Y GARRIDO ABOGADOS S.C.
  • CAAMAÑO, CONCHEIRO & SEOANE. ABOGADOS Y ASESORES DE EMPRESA
  • AVOGACÍA GABINETE DE ESTUDOS XURÍDICOS
  • DOBARRO Y SANESTEBAN ABOGADOS
  • VEIRA Y VILARIÑO ABOGADOS
  • GALILEO NETWORKS CONSULTORÍA
  • GRUPO CLAVE SERVICIOS LABORALES
  • GADISA
  • DECATHLON
  • EINSA PRINT
  • GT MOTIVE EINSA SAU
  • FREMAP MUTUA DE ACCIDENTES DE TRABAJO
  • ABOGACÍA DEL ESTADO
  • CONSELLO GALEGO DA COMPETENCIA
  • ASESORÍA XURÍDICA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE SERGAS
  • AUTORIDADE PORTUARIA
  • CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA (CEIDA)
  • CENTRO DE INSERCIÓN SOCIAL CARMELA ARIAS Y DÍAZ DE RÁBAGO
  • CENTRO DE REEDUCACIÓN DE MENORES CONCEPCIÓN ARENAL
  • DECANATO DE REGISTRADORES DE LA PROPIEDAD, MERCANTILES Y BIENES MUEBLES DE GALICIA
  • DELEGACIÓN DEL GOBIERNO EN GALICIA
  • DEPUTACIÓN DA CORUÑA
  • ILUSTRE COLEGIO NOTARIAL DE GALICIA
  • TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, AUDIENCIA PROVINCIAL E XULGADOS DA CORUÑA
  • CONCELLOS DA CORUÑA

Planificación do ensino

O Grao en Dereito articúlase en catro cursos -240 créditos ECTS- e, á súa vez cada curso, en materias cuadrimestrais. Cunha media de cinco materias en cada cuadrimestre.

Concretamente, o plan de estudos distribúese do seguinte modo:

O primeiro curso está integrado por materias de formación básica cunha equivalencia de 60 créditos repartidos entre materias correspondentes á rama de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas.

O resto de créditos ata completar os 240 repártense do seguinte xeito: 144 créditos obrigatorios e 30 optativos.

Dentro das materias optativas encóntranse a posibilidade de realizar prácticas externas cunha asignación de 6 créditos.

Finalmente, está prevista a realización do traballo de fin de grao e a súa defensa só será posible se se superaron todos os créditos do grao (este traballo ten unha equivalencia de 6 créditos ECTS).

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos Romanísticos da Cultura Xurídica Occidental Formación básica 6 ECTS
España na Configuración Histórico-Xurídica de Europa Formación básica 6 ECTS
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos Formación básica 6 ECTS
Principios Económico-Contables da Empresa Formación básica 6 ECTS
Teoría do Dereito Formación básica 6 ECTS
Comunicación Oral e Escrita Formación básica 6 ECTS
Dereito da Persoa Formación básica 6 ECTS
Principios de Economía e Facenda Pública Formación básica 6 ECTS
Organización Constitucional do Estado Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Penal. Parte Xeral Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito da Empresa Formación básica 6 ECTS
Dereito Eclesiástico do Estado Formación básica 6 ECTS
Dereito de Familia Obrigatorio 6 ECTS
Constitución e Poder Xudicial Obrigatorio 6 ECTS
Institucións e Ordenamento Xurídico-Administrativo Obrigatorio 6 ECTS
Dereito de Obrigas e Danos Obrigatorio 6 ECTS
Actuación e Bens das Administracións Públicas Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Dereito Financeiro Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Internacional Público Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Sancionador Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito da Unión Europea Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Mercantil: Dereito de Sociedades e de Títulos-Valores Obrigatorio 6 ECTS
Dereito do Traballo Obrigatorio 6 ECTS
Dereito da Contratación Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Penal. Parte Especial Obrigatorio 6 ECTS
Filosofía do Dereito Obrigatorio 6 ECTS
Dereitos Reais Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Procesual Penal Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Tributario Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Público Autonómico Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito Internacional Privado Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Procesual Civil Obrigatorio 6 ECTS
Dereito de Sucesións Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Mercantil: Contratos Empresariais. Dereito Concursal e Dereito Marítimo Obrigatorio 6 ECTS
Criminoloxía Optativo 6 ECTS
Idioma Moderno Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS
Dereito de Estranxeiría Optativo 6 ECTS
Dereito da Seguridade Social Optativo 6 ECTS
Dereito Penitenciario Optativo 4,5 ECTS
Dereito e Biomedicina Optativo 4,5 ECTS
Teoría e Práctica da Argumentación Xurídica Optativo 4,5 ECTS
Técnica Xurisprudencial Romana Optativo 4,5 ECTS
Dereito Matrimonial Comparado Optativo 4,5 ECTS
Aproximación Cinematográfica ao Dereito Optativo 4,5 ECTS
Dereito da Propiedade Inmobiliaria Optativo 4,5 ECTS
Dereito Internacional dos Espazos Optativo 4,5 ECTS
Prácticas Externas Optativo 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

A posta en marcha e o plan de estudos do Grao en Dereito obtivo o informe favorable de toda unha serie de axentes externos.

Concretamente, da Fiscalía de Galicia, do Decanato de Rexistradores de Galicia, da Academia Galega de Administración Pública, do Colexio Notarial de Galicia e do Colexio de Procuradores de Galicia .

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Letras e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

En canto aos programas de mobilidade en particular a Facultade favorece a mobilidade internacional dos seus estudantes en universidades dos cinco continentes, singularmente nas principais universidades de Europa e en Estados Unidos.

A Facultade participa nos seguintes programas nacionais e internacionais de mobilidade: .

a) Programa Erasmus: Os estudantes da Facultade de Dereito teñen a posibilidade de ampliaren os seus estudos en universidades de Alemaña, Bélxica, Italia, Portugal, Francia, Romanía, Eslovenia, Lituania, Malta, República Checa, Polonia e Turquía. Tamén se reciben estudantes destas procedencias cada curso.

b) Programa SICUE-SÉNECA é un sistema de mobilidade de alumnos que desexen realizar un curso académico noutra universidade española. Inclúe o programa de intercambio SICUE e a convocatoria de bolsas SÉNECA.

c) Así mesmo, a Universidade da Coruña dispón dun programa de intercambio de estudantes no marco de convenios bilaterais con outras universidades estranxeiras, como Brasil, Chile, Costa Rica, Cuba, Uruguai, México ou Arxentina, pero tamén outros como EE.UU. e Reino Unido.