As sinerxias entre a Bioloxía e a Química fan que un especialista en ambas ciencias teñan por diante un futuro prometedor, pudendo atopar saídas profesionais en multitude de postos de calquera sector, sendo algúns dos máis salientables:
• Acuicultura.
• Administración, en postos de competencia profesional e nivel académico de Biólogo e/ou Químico.• Asesoramento científico-técnico.
• Bioquímica.• Biotecnoloxía.
• Clínicas, hospitais e laboratorios.• Comercialización e asistencia técnica ao cliente, comprador ou usuario do produto, equipo, etc.
• Control de calidade, auditoría e acreditación.• Control, xestión, avaliación e auditoría ambiental.
• Ensino da Bioloxía, da Química e das ciencias en xeral.• Explotación industrial racional e sustentable dos recursos naturais (petroquímicas, siderúrxicas, metalúrxicas, madereiras, papeleiras, cementeiras, cerámicas, etc.).
• Industria agroquímica (fertilizantes, plaguicidas, etc.)• Industria de perfumería, cosmética, produtos de hixiene persoal e produtos de limpeza.
• Industria electrónica, de plásticos, de fibras sintéticas, de caucho, etc.• Industrias farmacéuticas e alimentarias.
• Investigación.• Parques zoolóxicos.
• Policía científica.• Prevención de Riscos Laborais e Hixiene Industrial.
• Produtos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas, etc.).• Produtos radioquímicos.
• Proxección, instalación, dirección, xestión e control de laboratorios e plantas.• Química biolóxica, xenómica e proteómica.
• Química Forense.• Transporte de mercadorías perigosas.
• Tratamento e potabilización da auga.• Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos.
• Xardíns botánicos.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Matemáticas 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Química Xeral 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Xeografía Física | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Citoloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Botánica: Botánica Xeral | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Xeral 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Química Xeral 3 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Física | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Estatística | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Histoloxía | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Bioquímica I | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Química Analítica 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Física 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Orgánica 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Bioquímica II | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Botánica Sistemática: Criptogamia | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Zooloxía I | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Química Analítica 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Química Física 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Química Orgánica 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Laboratorio de Química 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Organografía Microscópica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Zooloxía II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Química Analítica Instrumental 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Física 3 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Inorgánica 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Enxeñaría Química | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Microbioloxía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Vexetal I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Experimentación en Química Física | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Química Inorgánica 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Microbioloxía Aplicada e Control Microbiolóxico | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xenética | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Vexetal II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Química Inorgánica 3 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ampliación de Química Orgánica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Técnicas en Microbioloxía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Xenética Molecular | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Vexetal Aplicada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Animal I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Analítica Instrumental 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Química Inorgánica 4 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Experimentación en Química Orgánica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Botánica Sistemática: Fanerogamia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Animal II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Química Analítica Avanzada e Quimiometría | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Física Avanzada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Inorgánica Avanzada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Química Orgánica Avanzada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Biodiversidade Animal e Medio Ambiente | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ecoloxía I: Individuos e Ecosistemas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Deseño, Redacción e Xestión de Proxectos en Química | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Bioquímica e Bioloxía Molecular | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xenética de Poboacións e Evolución | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ecoloxía II: Poboacións e Comunidades | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Ciencia de Materiais | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ecoloxía Humana | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Traballo de Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 15 ECTS | |
Traballo de Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Saúde, Educación Física e Deportiva, Enxeñaría Civil, Física e Ciencias da Terra, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Letras, Matemáticas, Psicoloxía, Química e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.