Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2023/2024

Que se aprende

O Programa de Doutoramento está orientado a formar investigadores capaces de desenvolver os seus potenciais en diversas direccións, segundo o tipo de Tese Doutoral que desexen realizar. Poden ser investigacións disciplinares ou interdisciplinares, que é o máis habitual. Pero tamén poden ser multidisciplinares, transdisciplinares ou de intersección disciplinar (crossdisciplinarity).

Mediante os complementos de formación atópanse dous aspectos importantes. Co primeiro complemento trátase de aprender os procedementos para elaborar unha investigación tipo Tese Doutoral. Co segundo complemento —orientado a participar en a lo menos un Congreso, un Simposio ou unhas Xornadas que teñan un compoñente claro de investigación— dase prioridade á busca de formación investigadora en cada matriculado, de modo que sexan actualizados contidos e sexa xerada unha mente aberta, capaz de conectar o propio tema de investigación con cuestións transversais.

Como indica o Real Decreto 99/2011, a obtención do título de Doutor debe proporcionar unha alta capacitación profesional en ámbitos diversos, especialmente en aqueles que requieren creatividade e innovación.

Competencias xenéricas

(CX1) - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo

(CX2): Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

(CX3): Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

(CX4) - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

(CX5) - Capacidad de comunicación con la comunidad académica y científica y con la sociedad en general acerca de sus ámbitos de conocimiento, en los modos e idiomas de uso habitual en su comunidad científica internacional

(CX6) - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencias específicas

Competencia Específica 1

(CE1): Desenvolvemento en contextos nos que hai pouca información específica

Competencia Específica 2

(CE2): Atopar as preguntas chave que hai que respostar para resolver un problema complexo.

Competencia Específica 3

(CE3) - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento

Competencia Específica 4

(CE - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar

Competencia Específica 5

(CE5) - Integrar coñecementos, enfrentarse á complexidade e formular xuïzos con información limitada

Competencia Específica 6

(CE6) - A crítica E defensa intelectual de solucións.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Cada unha das tres grandes áreas temáticas do Programa de Doutorado —Documentación, Comunicación y Humanidades— ten saídas profesionais e académicas propias xunto con a posibilidade de traballos onde sexa precisa unha combinación de dous de elas.

(I) Dentro do ámbito académico, cabe a integración en grupos e proxectos de investigación, tanto nacionais como internacionais, nos distintos ámbitos da especialidade.

(II) Tamén pódese optar polo desenvolvemento de actividade académica docente e investigadora en centros de Educación Superior.

(III) Cometidos específicos para a Documentación están os profesionais de arquivos, bibliotecas e centros de documentación xunto con empresas de diversos sectores da industria cultural.

(IV) Saídas profesionais da Comunicación atópanse nos medios convencionais e dixitais de prensa, radio, televisión, etc., xunto coas plataformas transmedia e outros ámbitos como videoxogos.

(V) No campo das Humanidades ofrécense profesionais moi cualificados e con gran capacidade de adaptación a diversos postos de traballo, dende o sector empresarial dos recursos humáns á xestión cultural, científica e tecnolóxica, así como a comunicación científica.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • A educación en Galicia e Portugal durante a Idade Media: A muller durante a Idade Media galega
  • A prensa escrita como medio de exclusión social da muller
  • A presencia de Galicia na historiografía castelá do século XV. Principais fontes portugueses para o estudo da Galicia medieval
  • A realeza helenística: de Alejandro a Cleopatra
  • A televisión hoxe. Análise de tendencias e contidos: Estratexias de programación televisiva nunha contorna dixital
  • Análise histórico-sistemático das Ciencias da Documentación: impacto de instrumentos tecnolóxicos no ámbito das Ciencias da Documentación
  • Análise mediacional
  • Arqueoloxía de Palestina
  • Arquitectura de sistemas de información
  • Arquivística en España: Historia dos Arquivos na Idade Moderna e Contemporánea
  • Artes decorativas. Iconografía e ornamentación
  • As Ciencias da Comunicación como Ciencias de Deseño
  • Avaliación científica
  • Avaliación da Ciencia
  • Barcos e navegación marítima nos inicios da modernidade
  • Bases de datos multimedia
  • Bibliotecas multiculturais
  • Cibercultura e Comunicación
  • Comportamento informacional
  • Comunicación organizacional e corporativa: campañas de publicidade e de mobilización social
  • Comunicación de crise
  • Comunicación e Documentación: comunicación para o desenvolvemento
  • Comunicación e grupos sociais
  • Comunicación e Innovación: Tecnoloxías da Información e a Documentación
  • Concentración informativa, tarifas e prezos da información. Acceso á información do sector público
  • Consumo cultural
  • Da estructura aos núcleos temáticos: análisise de productos audiovisuais
  • David Hume
  • Documentación xornalística, audiovisual e cinematográfica
  • Economía dos medios/Media Economics. Estructural do sector audiovisual.
  • Educación e formación a distancia semipresencial
  • Epistemoloxía, Metodoloxía e Técnicas da análise de contido
  • Estudio de necesidades de información. Búsqueda e recuperación de información
  • Estudos sobre diversas institucións medievais
  • Feminismo e Ilustración
  • Filosofía da Tecnoloxía: Racionalidade, valores e sociedade
  • Filosofía e Metodoloxía das Ciencias do Artificial: Ciencias do Deseño, información, complexidade e Internet
  • Filosofía e Metodoloxía xeral da Ciencia
  • Fontes de información biográfica e xeográfica
  • Fontes de información electrónica
  • Fontes Documentais na Idade Media e Contemporánea: Estudo dos documentos e dos fondos documentais producidos polas institucións
  • Fontes histórico-documentais da Idade Media: Sistemas escriturarios durante a Idade Media galega
  • Formatos audiovisuais: Novos medios. Programación en televisión: televisión dixital
  • Guerra e dereito internacional no mundo antigo
  • Historia da Arquitectura
  • Historia da Arte
  • Historia da Arte e o deseño
  • Historia da Comunicación social
  • Historia da Guerra e do Arte Militar. Os prisioneiros de guerra. Historia da Armada Española
  • Historia da Lectura
  • Historia das bibliotecas
  • Historia das Ciencias Documentais
  • Historia das Institucións en Galicia
  • Historia do Século XVIII
  • Historia dunha ausencia: mulleres na Idade Media
  • Historia e Cultura Mesopotámica (Sumer, Asiria e Babilonia)
  • Iconografía cristiana
  • Inclusión dixital: Competencias tecnolóxicas e de información. Bibliotecas dixitais
  • Innovación en programas de doutoramento Iberoamericanos: Documentación, fundamentos e novas tecnoloxías
  • Institucións e relacións de poder (S.XIX-XX)
  • Instrumentos para a recuperación de información
  • Linguaxes documentais
  • Mediación documental e mediación comunicativa
  • Metodoloxía da investigación científica
  • Metodoloxía da investigación científica e avaliación da Ciencia. Modelo de avaliación cualitativa das publicaciones científicas en Ciencias Sociais
  • Necesidades de información e fontes. Investigación e documentación xurídicas
  • O golfo Ártabro: historia e patrimonio
  • O patrimonio artístico: museos, obras e exposicións. Platería española e hispanoamericana
  • Ontoloxías no ámbito da Documentación
  • Organización e representación do coñecemento
  • Patrimonio bibliográfico
  • Políticas de Información e Documentación
  • Políticas e deseños en medios de comunicación
  • Produción de comunicación e reprodución social
  • Productos e mercados informativos. O acceso aberto
  • Promoción e marketing non ámbito da información e a documentación
  • Reconquista e repoblación castellano-leonesa durante o século XII
  • Relaciones entre Galicia e Portugal durante a Idade Media
  • Relixiosidade e cultura durante a Idade Media galega
  • Revistas electrónicas
  • Servicios de información-administración
  • Servicios documentais públicos e servicios de información electrónica. Titularidade da información e dereitos de autor en entorno dixital.
  • Teoría da Comunicación
  • Teoría e metodoloxía da investigación en comunicación
  • Traballo e sociedade urbana (s. XIX-XX)
  • Utilitarismo clásico e contemporáneo
  • Xestión da calidade en unidades de información. Comunicación científica

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Investigación e Innovación en Educación Musical 3
Metodoloxía de Investigación Educativa  3
Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Sociais 3
Metodoloxía da Investigación. 3
Metodoloxía para a Investigación en Humanidades e Documentación 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Cando o solicitante de admisión no Programa de Doutorado careza da formación previa prevista, a súa admisión no Programa irá acompañada do requisito da superación de complementos de formación específicos. Os complementos asignados a un mesmo candidato non poderán superar os 15 créditos ECTS.

En tal caso, no momento de formalizar a matrícula de titorización académica no Programa, cada solicitante admitido terá que matricularse de a lo menos do primeiro complemento de formación do Programa de Doutorado.

Segundo a normativa en vigor, os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuatrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no Programa.

Como está exposto na Memoria de Verifica, cada candidato ou candidata ao Programa de Doutorado ten que cursar os complementos de formación, que son dous:

a) Cursar unha materia dentro dun Mestrado oficial, dando preferencia aos cursos orientados a como aprender a facer investigación tipo Tese Doutoral;

b) participar en a lo menos un Congreso, un Simposio ou unhas Xornadas que teñan un compoñente claro de investigación.

Esto supón que hai dous aspectos unha vez matriculados no Programa de Doutorado:

(i) Cursar unha asignatura dun Máster oficial, de modo que sexa completada a formación recibida, para aprender os procedementos para elaborar unha investigación como a Teses Doctoral, e

(ii) asistir a un Congreso, Simposio ou Xornadas que teñan relación co ámbito temático do Programa.

A idea é que ambas teñan un compoñente claro de investigación, posto que dase prioridade á formación para a investigación.

As opcións do primer complemento de formación na Universidade de A Coruña no curso 2023-2024 son os seguintes cursos de Mestrado oficial:

Investigación e Innovación en Educación Musical 3 ECTS

Metodología de la Investigación educativa 3 ECTS

Investigación e Innovación en Didáctica de las Ciencias Sociales 3 ECTS

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.