Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2022/2023

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • A educación en Galicia e Portugal durante a Idade Media: A muller durante a Idade Media galega
  • A prensa escrita como medio de exclusión social da muller
  • A presencia de Galicia na historiografía castelá do século XV. Principais fontes portugueses para o estudo da Galicia medieval
  • A realeza helenística: de Alejandro a Cleopatra
  • A televisión hoxe. Análise de tendencias e contidos: Estratexias de programación televisiva nunha contorna dixital
  • Análise histórico-sistemático das Ciencias da Documentación: impacto de instrumentos tecnolóxicos no ámbito das Ciencias da Documentación
  • Análise mediacional
  • Arqueoloxía de Palestina
  • Arquitectura de sistemas de información
  • Arquivística en España: Historia dos Arquivos na Idade Moderna e Contemporánea
  • Artes decorativas. Iconografía e ornamentación
  • As Ciencias da Comunicación como Ciencias de Deseño
  • Avaliación científica
  • Avaliación da Ciencia
  • Barcos e navegación marítima nos inicios da modernidade
  • Bases de datos multimedia
  • Bibliotecas multiculturais
  • Cibercultura e Comunicación
  • Comportamento informacional
  • Comunicación organizacional e corporativa: campañas de publicidade e de mobilización social
  • Comunicación de crise
  • Comunicación e Documentación: comunicación para o desenvolvemento
  • Comunicación e grupos sociais
  • Comunicación e Innovación: Tecnoloxías da Información e a Documentación
  • Concentración informativa, tarifas e prezos da información. Acceso á información do sector público
  • Consumo cultural
  • Da estructura aos núcleos temáticos: análisise de productos audiovisuais
  • David Hume
  • Documentación xornalística, audiovisual e cinematográfica
  • Economía dos medios/Media Economics. Estructural do sector audiovisual.
  • Educación e formación a distancia semipresencial
  • Epistemoloxía, Metodoloxía e Técnicas da análise de contido
  • Estudio de necesidades de información. Búsqueda e recuperación de información
  • Estudos sobre diversas institucións medievais
  • Feminismo e Ilustración
  • Filosofía da Tecnoloxía: Racionalidade, valores e sociedade
  • Filosofía e Metodoloxía das Ciencias do Artificial: Ciencias do Deseño, información, complexidade e Internet
  • Filosofía e Metodoloxía xeral da Ciencia
  • Fontes de información biográfica e xeográfica
  • Fontes de información electrónica
  • Fontes Documentais na Idade Media e Contemporánea: Estudo dos documentos e dos fondos documentais producidos polas institucións
  • Fontes histórico-documentais da Idade Media: Sistemas escriturarios durante a Idade Media galega
  • Formatos audiovisuais: Novos medios. Programación en televisión: televisión dixital
  • Guerra e dereito internacional no mundo antigo
  • Historia da Arquitectura
  • Historia da Arte
  • Historia da Arte e o deseño
  • Historia da Comunicación social
  • Historia da Guerra e do Arte Militar. Os prisioneiros de guerra. Historia da Armada Española
  • Historia da Lectura
  • Historia das bibliotecas
  • Historia das Ciencias Documentais
  • Historia das Institucións en Galicia
  • Historia do Século XVIII
  • Historia dunha ausencia: mulleres na Idade Media
  • Historia e Cultura Mesopotámica (Sumer, Asiria e Babilonia)
  • Iconografía cristiana
  • Inclusión dixital: Competencias tecnolóxicas e de información. Bibliotecas dixitais
  • Innovación en programas de doutoramento Iberoamericanos: Documentación, fundamentos e novas tecnoloxías
  • Institucións e relacións de poder (S.XIX-XX)
  • Instrumentos para a recuperación de información
  • Linguaxes documentais
  • Mediación documental e mediación comunicativa
  • Metodoloxía da investigación científica
  • Metodoloxía da investigación científica e avaliación da Ciencia. Modelo de avaliación cualitativa das publicaciones científicas en Ciencias Sociais
  • Necesidades de información e fontes. Investigación e documentación xurídicas
  • O golfo Ártabro: historia e patrimonio
  • O patrimonio artístico: museos, obras e exposicións. Platería española e hispanoamericana
  • Ontoloxías no ámbito da Documentación
  • Organización e representación do coñecemento
  • Patrimonio bibliográfico
  • Políticas de Información e Documentación
  • Políticas e deseños en medios de comunicación
  • Produción de comunicación e reprodución social
  • Productos e mercados informativos. O acceso aberto
  • Promoción e marketing non ámbito da información e a documentación
  • Reconquista e repoblación castellano-leonesa durante o século XII
  • Relaciones entre Galicia e Portugal durante a Idade Media
  • Relixiosidade e cultura durante a Idade Media galega
  • Revistas electrónicas
  • Servicios de información-administración
  • Servicios documentais públicos e servicios de información electrónica. Titularidade da información e dereitos de autor en entorno dixital.
  • Teoría da Comunicación
  • Teoría e metodoloxía da investigación en comunicación
  • Traballo e sociedade urbana (s. XIX-XX)
  • Utilitarismo clásico e contemporáneo
  • Xestión da calidade en unidades de información. Comunicación científica

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación 3
Metodoloxía para a Investigación en Humanidades e Documentación 3
Investigación: Deseño e Proceso 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Atenderáse ao prescrito nos artigos 6b y 7.2a do RD 99/2011 e ao establecido pola normativa específica da UDC sobre os Estudos de Doutoramento (Regulamento de Estudos de Doutoramento, aprobado polo Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012). Neste sentido, no capítulo III, artigo 6 do Regulamento de Estudos de Doutoramento indícase que será a Comisión Académica do Programa a que estableza os complementos específicos de formación que o estudantado debe cursar para ser admitido no Programa de Doutoramento. Dp mesmo xeito o apartado 3 do artigo 16 do citado Regulamento establece que os complementos de formación deberán ser concretados para cada alumno pola Comisión Académica de Doutoramento, sen que se poidan superar os 15 créditos ECTS. A este respecto, como complementos de formación, os estudantes do novo Programa terán que realizar o seguinte: 1) cursar unha asignatura dentro dun Máster oficial (RD 1393/2007), preferentemente orientada hacia a formación para a investigación; e 2) participar en alomenos un Congreso, Simposio ou Jornada que teña un compoñente claro de investigación.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.