Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento

2024/2025

Que se aprende

O Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento obedece a unha reorganización e integración de ofertas previas da Universidade da Coruña dirixidas á formación de doutores e doutoras.

Estes programas previos adscribíanse a diferentes departamentos e áreas de coñecemento que obedecían a unha división académico-administrativa previa, pero tórnase inadecuados e obsoletos cando o que se pretende é acadar outros obxectivos, como unha formación multidisciplinar dos investigadores e investigadoras nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Ciencia Social e do Comportamento, un aumento da oferta de liñas de investigación, e unha redución-centralización do aparello administrativo.

Competencias xenéricas

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

Competencias específicas

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
CE1 - Coñecer e saber utiliza-las bases de datos bibliográficas de principal relevancia nas ciencias sociais e do comportamento.
CG4 - Ter a capacidade de comprender as teorías sociais e do comportamento, creando unha visión integrada delas.
CG3 - Saber enlazar os coñecementos teóricos coas formas de investigación e intervención metodolóxicamente correctas.
CG2 - Crear formas de investigación e intervención que redunden no beneficio da sociedade e do avance do coñecemento.
CG1 - Utilización do coñecemento científico para a promoción do benestar social e a potenciación e o empoderamento dos colectivos máis desfavorecidos.
CE4 - Ter unha capacidade de integración que permita visualizar, trala lectura e revisión da bibliografía pertinente, as mellores formas de planificar unha investigación.
CE3 - Posuír coñecementos das técnicas de recollida de información nas ciencias sociais e do comportamento.
CE2 - Posuír coñecementos metodolóxicos adecuados como para poder planificar e desenvolver posteriormente unha investigación nas ciencias sociais e do comportamento.

Competencias transversais

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

Saídas profesionais e académicas

A saída académica é a máis clásica, consistente en poder optar competitivamente ás prazas que convocan as universidades. Para iso, é practicamente imprescindible a posesión do título de Doutor.

Respecto diso, resulta de especial interese referirse á RES/ESN (European Sociological Network). A Universidade da Coruña asinou un convenio para a Implementación de Estudos na Rede Europea de Socioloxía. Este programa académico está baseado nunha rede universitaria que abarca varios países europeos co obxectivo de coordinar dobres titulacións universitarias nos tres ciclos de estudos (Grao, Máster e Doutoramento) e brindarlles aos estudantes a posibilidade de conseguir títulos neste contexto de universidades da RES/ESN (European Sociological Network) de diferentes países europeos.

Ademais, para o desenvolvemento adecuado do Programa de Doutoramento cóntase coa colaboración dun número considerable de entidades, que poden supoñer para o estudante un contacto co mundo profesional, e unha fonte de futuro laboral. Enuméranse algunhas delas coas cales colaboran habitualmente os Departamentos asociados ao programa de Doutoramento, e cos cales xa se dispoñen de convenios para os estudos de grao e master, recubren o ámbito da Administración pública e o terceiro sector, incluíndo igualmente a consultoras, axencias de publicidade e de recursos humanos

Ademais das colaboracións con estas entidades, tanto a Facultade de Socioloxía, como o Departamento de Psicoloxía, dispoñen de convenios internacionais de colaboración con diversas universidades estranxeiras que poderán servir de plataforma para establecer a mobilidade entre estudantes do programa de doutoramento, que desexen realizar estancias de investigación. A modo de exemplode exemplo, a Facultade de Socioloxía ten asinados 46 convenios con universidades estranxeiras. Ver link na páxina web da UDC: https://udc.moveon4.com/publisher/1/spa

Empresas e institucións colaboradoras

Para o desenvolvemento adecuado do Programa de Doutoramento cótase coa colaboración dun número considerable de entidades, entre as catro cabe destacar a Cruz Vermella da Coruña.
Outras entidades coas cales colaboran habitualmente os departamentos asociados ó programa de doutoramento, e cos cales xa se dispoñen de convenios para os estudios de grao e master, recubren o ámbito da Administración pública e o terceiro sector, incluíndo igualmente a consultoras, axencias de publicidade e de recursos humanos.

Administración pública:
Deputación da Coruña
Concello de Culleredo
Concello de Sada
Concello de Miño
Concello de Betanzos
Concello de Coruña
Concello de Oleiros

Tercer Sector:
Viraventos
Solidaridade Internacional de Galicia
Fundación Mulleres
Mestura
EquusZebra
Ecos do Sur
ACCEM

Consultoras:
BAP y Conde
RAY Human Capital
Sondaxe
Obradoiro de Socioloxia
Forinlab

Estas entidades posúen un gran abanico de áreas de actuación, moitas delas dentro do ámbito da intervención social, actuación psicosocial, asesoramento e tratamiento psicolóxico, recursos humanos, investigación de mercados e outras facetas moi claramente relacionadas co Programa de Doutoramento que se propón.
Búscase que estas colaboracións contribúan á formación dos doutorandos e sirvan de plataforma para a elaboración das teses doutorais (realización de traballo de campo, etc).
Ademais das colaboracións con estas entidades, tanto a Facultade de Socioloxía, como o Departamento de Psicoloxía, dispoñen de convenios internacionais de colaboración con diversas universidades estranxeiras que poderán servir de plataforma para establecer a mobilidade entre estudantes do programa de doutoramento, que desexen realizar estadías de investigación. A modo de exemplo, a Facultade de Socioloxía ten asinados 46 convenios con universidades estranxeiras. Ver link na páxina web da UDC: https://udc.moveon4.com/publisher/1/spa

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Ciencias do Comportamento
  • Ciencias Sociais

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Cada alumno deberá ir subindo á plataforma de Doutoramento as actividades que realiza, e que lle son esixidas por parte do Programa, como logo especifícase. Ditas actividades serán avaliadas polo titor que se lle asigne ao alumno.

Non se contemplan complementos de formación, xa que non se consideran necesarios. Estímase que as titulacións de acceso garanten que os estudantes posúen os coñecementos e as competencias necesarias como para poder ser admitidos no Programa de Doutoramento.

Especifícanse a continuación as actividades formativas a realizar durante o período do Doutoramento:

  • Xornada de orientación (4 horas)
  • Formación en procura de información e documentación en Ciencias Sociais (10 horas)
  • Formación en planificación da investigación e viabilidade da mesma (1 hora)
  • Habilidade de desenvolvemento de actividades de investigación en ámbitos científicos (20 horas)
  • Presentación pública dos avances no traballo de investigación (1 hora)

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.