Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
16 prazas ofertadas no curso 2024/2025
O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:
· Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
· Ámbito/s de coñecemento: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais; Ciencias do comportamento e psicoloxía.
· Titulacións de acceso: Socioloxía, Psicoloxía, Turismo, Ciencias Políticas, Ciencias da Administración, Antropoloxía Social, Educación Social, Psicopedagoxía, así como as denominacións relacionadas.
· Competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: español, galego e inglés
· De non ter realizado un máster, ter unha formación equivalente en créditos de investigación ou ter realizado polo menos 60 ECTS de formación investigadora relacionada directamente co programa.
· Ter obtido o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento.
Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación,
REQUISITOS DE ADMISIÓN ESPECÍFICOS DO PROGRAMA.
Carta de referencia do profesorado do programa. É requisito obrigatorio para a admisión no programa presentar unha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) poida exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.
Coñecemento de idiomas. O alumnado debe ter competencias lingüísticas en galego e/ou castelán, e un coñecemento mínimo de inglés equivalente ao nivel B1 por ser a lingua común de comunicación científica no ámbito da teses.
O alumnado estranxeiro de países alleos aos ámbitos lingüísticos galego e/ou castelán deberá acreditar un coñecemento mínimo de galego e/ou castelán equivalente ao nivel B1 No caso en que só se poida comunicar mediante a lingua estranxeira que é de uso común para a comunicación científica no ámbito da teses, o programa deberá asegurar a súa supervisión e dirección de teses no dito idioma.
Os niveis de coñecemento lingüístico acreditaranse mediante unha das certificacións oficiais da listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas da UDC para os distintos niveis do marco común europeo: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
· Expediente académico (70 %), determinado polas cualificacións de máster, DEA ou suficiencia investigadora.
· Experiencia investigadora previa e os seus resultados (10 %). Valoraranse publicacións, contribucións a congresos, etc., e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa.
· Coñecemento de idiomas (20 %). Valorarase o coñecemento de linguas estranxeiras de nivel B1 ou superior, e o coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna, etc.
Para poder ser valorados, os méritos deben acreditarse documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación tempo completo como a tempo parcial.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: