Programa Oficial de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar

2024/2025

Que se aprende

A través dun enfoque multidisciplinar e cun firme compromiso coa formación de profesionais de diversas disciplinas, este programa impulsa a investigación aplicada e a transferencia de coñecemento co obxectivo de formar investigadores capaces de desenvolver proxectos que contribúan á mellora da calidade de vida da poboación en xeral, con especial atención ás persoas con discapacidade e en situación de dependencia.

Neste sentido, o programa fomenta o deseño de novas estratexias de atención sociosanitaria, así como a optimización e eficiencia dos programas de atención existentes. Este programa de doutoramento responde á necesidade de fortalecer a investigación neste ámbito, situando ás persoas con discapacidade no eixe central das actividades formativas e investigadoras.

Competencias xenéricas

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

Competencias específicas

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
CE01 - Ser capaz de determinar a metodoloxía de investigación adecuada para desenvolver unha investigación no campo da
discapacidade, dependencia e benestar.
CG03 - Desenvolver a capacidade para iniciar, xestionar e liderar equipos e proxectos de investigación cun alto grao de
transferencia do coñecemento xerado tanto ao sistema de saúde como ao sector produtivo.
CG02 - Adquirir as habilidades necesarias para a realización dunha contribución científica orixinal e relevante.
CG01 - Ser capaz de identificar a pregunta de investigación correcta para deseñar un proxecto de investigación que poida dar lugar
a unha contribución significativa.
CE02 - Saber dirixir un proceso de investigación de forma integral no campo da discapacidade e dependencia, prestando
especial atención ós aspectos ético-legais que caracterizan as investigacións neste ámbito.

Competencias transversais

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

Saídas profesionais e académicas

O título de doutor neste campo ofrece cualificadas oportunidades de desenvolvemento profesional no ámbito académico, investigador, empresarial e no da xestión relacionadas coa discapacidade, dependencia e benestar.

Saídas profesionais e académicas

O título de doutor neste campo ofrece cualificadas oportunidades de desenvolvemento profesional no ámbito académico, investigador, empresarial e no da xestión relacionadas coa discapacidade, dependencia e benestar.

Empresas e institucións colaboradoras

- Universidade do Cauca
- Aspace 
- Asociación de Parkinson Galicia-Coruña 
- Asociación Coruñesa de Fibromialgia e Fatiga Crónica (ACOFIGA)
- Sanatorio Quirúrgico Modelo HM 
- Instituto Médico Quirúrgico San Rafael 
- Espacios Termolúdicos S.A.(Termaria) 
- Sanitas Mayores Coruña 
- Hospital Quironsalud 
- Saúde e Coñecemento 
- Escola Bahiana de Medicina e Saúde Pública (FBDC)
- Centro Universitário de Brasilia (UniCEUB)
- Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos
- Colexio de Educación Especial María Mariño

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Intervención psicolóxica e rehabilitación funcional

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

A CAPD establecerá en cada caso concreto os complementos de formación específicos adaptados aos perfís de ingreso tendo en conta que será imprescindible a acreditación de coñecementos en metodoloxía da investigación.

A CAPD entende que a necesidade de complementos formativos para realizar con garantías de éxito os estudos de doutoramento circunscríbese á formación en metodoloxía da investigación naqueles casos nos que os estudantes non superasen estudos de Máster que incluísen especificamente esta formación.

En caso de alumnos que procedan de titulacións sen acceso directo, o alumno deberá cursar ata 15 créditos de contidos das materias dos diferentes títulos de máster vinculados ao programa de doutoramento, a determinar pola CAPD en función da liña de investigación na que desenvolverá a súa tese doutoral.

Tanto os estudantes a tempo completo como parcial, terán que realizar as seguintes actividades formativas:
  • Redacción do plan de investigación.
  • Presentación oral do plan de investigación.
  • Actualización da revisión de traballos e redacción provisional do traballo de investigación.
  • Realización da parte experimental do traballo (estudo piloto, perfeccionamento das técnicas, intervencións ou medicións a realizar, mostraxe, recollida de datos, tratamento estatístico).
  • Seminarios de investigación onde se compartan os avances do traballo de investigación.
  • Envío, aceptación e presentación dunha comunicación científica oral ou escrita a un congreso de ámbito nacional ou internacional.
  • Elaboración e aceptación dun artigo científico nunha revista indexada.
  • Redacción definitiva do traballo de investigación.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.