Programa Oficial de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

10 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

De forma xeral, os estudos de Máster Universitario que permitirán o ingreso sen complementos de formación serán:
  • Máster Universitario en discapacidade e dependencia (UDC)
  • Máster Universitario en envellecemento saudable e calidade de vida (ULE).
  • Máster Universitario en Fisioterapia Neurolóxica do neno e o adulto (UM)
  • Máster Universitario en Intervención a Persoas con Enfermidade de Alzheimer (USAL)
  • Máster Universitario en Neurociencias (USAL)
  • Máster Universitario en Trastornos da Comunicación: neurociencia da audición e linguaxe (USAL)
  • Tamén terán acceso sen necesidade de complementos os estudantes co título de DEA do programa de doutoramento da UDC "Novas tendencias e aplicacións no ámbito asistencial".

    Outros perfís:

    Poderán acceder estudantes con outro tipo de perfil diferente dos anteriores, sempre que sexa considerado adecuado pola CAPD, que avaliará de forma individualizada cada caso.

    Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (máximo ata 15 ECTS). A CAPD valorará a idoneidade da formación dos candidatos que acrediten superar polo menos 60 ECTS nalgún outro máster oficial cando tras a admisión preferente de alumnos queden prazas vacantes.

    Perfil persoal recomendado

    Que os estudantes presenten interese pola investigación no ámbito da discapacidade e dependencia desde calquera das súas vertentes (intervención psicosocial, rehabilitación funcional etc.)

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Ademais do cumprimento dos descritos no capítulo V de Acceso e admisión nos estudos de doutoramento do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade da Coruña, a CAPD do Programa de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar establece os seguintes requisitos específicos:
  • No caso de que a demanda de estudantes exceda o número de prazas ofertadas, a CAPD do programa realizará un proceso selectivo no que o currículo vitae do candidato supoñerá ata un 40% da puntuación máxima, mentres que o expediente académico representará o outro 60% desa puntuación. Valorarase especialmente aos/as candidatos/as que acompañen na súa solicitude un compromiso de proxecto de tese que inclúa consideracións acerca da súa factibilidad.
  • No caso de que o estudante careza da formación previa suficiente no ámbito da discapacidade e dependencia ou en metodoloxía da investigación, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.