CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.CA02 - Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
ET01 - Capacidade para adecuar ao compromiso ético establecido no Código Deontolóxico do psicólogo o proxecto de investigación e os informes científicos xerados na práctica investigadora.
ET02 - Capacidade para analizar e comprender de maneira crítica, e expor sintéticamente, oralmente e por escrito nos idiomas que habitualmente se usan na comunidade científica, as múltiples e complexas achegas teóricas sobre o tópico de investigación elixido no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
ET03 - Capacidade para elaborar e pór en práctica un deseño metodolóxico completo dunha investigación nova, tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar, a través dunha investigación orixinal que permita xerar innovación e emprendimiento no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.ET05 - Capacidade para responder a preguntas crave, enfrontarse á resolución de problemas complexos de maneira nova e innovadora e defender as solucións propostas no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
ET04 - Dispor da habilidade para realizar procuras de información relevante e xerar coñecemento científico en ámbitos do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde na que esta escasea e ser capaz de comunicala á comunidade científica e á sociedade, e formular xuízos con información limitada.O título de doutor pode mellorar a situación profesional do estudante, dando acceso a unha actividade investigadora autónoma. Facilita a dirección de proxectos e o acceso a convocatorias de captación de fondos públicos exclusiva para doutores.
INGEMA, integrante de diferentes redes internacionais e dependente da Fundación Matia, ten asinado convenio de investigación coa USC no que se regula a colaboración con outro dos equipos de investigación do Programa para o estudo do envellecemento e que se acaba de concretar no Proxecto ELES (Estudo Longitudinal Envellecer en España; http://proyectoeles.es) e na participación de investigadores do Programa en diferentes proxectos europeos.
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.
complementos | créditos |
---|---|
Métodos e deseño na investigación da linguaxe | 3 |
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía | 6 |
Análise de casos prácticos a través dun paquete estatístico | 3 |
Documentación, organización e presentación dun traballo de investigación | 3 |
Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada | 3 |
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.