Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

2025/2026

Que se aprende

Que hai que saber para empezar unha tese? Hai que ter unha base de coñecementos sobre a linguaxe e as linguas equivalente a un nivel de máster ou 300 créditos ECTS. No caso de que estes coñecementos non poidan ser acreditados totalmente, a admisión poderá estar condicionada á realización de determinados complementos de formación. Unha vez completado o proceso de admisión, o primeiro cuadrimestre centrarase na elaboración dun plan de investigación que será o proxecto de teses. Para iso revisarás o que se publicase sobre o tema elixido (isto chámase "estado da cuestión" ou "antecedentes"), co fin de establecer o teu punto de partida e poderás facerche unha idea de cales van ser as túas fontes bibliográficas máis importantes. Ademais, deseñarás unha metodoloxía tanto para recoller unha  mostra de datos ("o corpus"), no caso de que o haxa, así como para analizalo. Este proxecto haberá de ser presentado e defendido ante unha comisión avaliadora. A tese é un reto e mostra a capacidade de quen a fai para interpretar datos e elaborar posibles explicacións aos fenómenos estudados. No entanto, un profesor ou profesora do programa asesorarte a hora de tomar as decisións adecuadas para completar a túa formación en consonancia coas liñas do programa e os obxectivos particulares da investigación.  Unha oportunidade para darlle un impulso á investigación é facer unha estadía de investigación nunha universidade do estranxeiro, traballando dentro dun equipo de investigación que permita completar ou ampliar a perspectiva sobre o tema de tese e proporcione técnicas de análise coas que non tiveses a ocasión de traballar. O programa de doutoramento en Estudos lingüísticos conta con interesantes colaboracións no exterior das que te poderás beneficiar. ¿Cuánto tempo te vai levar? Catro anos con dedicación a tempo completo, ou sete a tempo parcial (ademais dunha posible prórroga dun ano máis). As liñas de investigación son: Análise do discurso e Pragmática, Sociolingüística, Lexicografía e Lexicoloxía sincrónicas e históricas, Gramática e Dialectoloxía sincrónicas e históricas, lingüística de corpus e Tecnoloxías da linguaxe, Aprendizaxe de linguas, Modalidades visuoxestuais e linguas de signos, Edición textual e lingua literaria

Competencias xenéricas

CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.

Competencias específicas

CA1 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA2 - Atopar as preguntas clave que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA3 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA4 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA5 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA6 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
OC1 - Capacidade de concibir, deseñar e planificar un proceso de investigación propio nalgún eido da Lingüística.
OC2 - Capacidade de obter datos pertinentes a partir das fontes documentais ou experimentais e xestionar a información de maneira adecuada.
OC3 – Capacidade para desenvolver investigacións que teñan en conta e respecten a diversidade lingüística e cultural.
OC4 – Capacidade de analizar datos ou avaliar modelos de interpretación, demostrando autonomía e capacidade de xestión de proxectos lingüísticos
OC5- Capacidade de utilizar ferramentas e recursos dixitais en diferentes contornos tanto para a aprendizaxe cooperativa e autónomo como para a investigación.

Competencias transversais

CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O doutoramento é o pasaporte para facer unha carreira investigadora, nunha universidade ou nun centro de investigación. Permite o acceso a postos de docencia e investigación en todas as universidades do mundo. O traballo que implica facer unha tese mostra unha especial capacidade intelectual e de toma de decisións, cada vez máis necesaria no mundo empresarial. En canto ás actividades formativas, nalgúns casos serán organizadas desde o programa e noutras, poderán recoñecerse cursos ou outras accións promovidas por outras universidades. O estudantado fará a súa particular selección, con axuda do seu director ou directora, en función do seu plan de investigación. Unha vez finalizado o proceso de admisión, haberá un seminario introdutorio de curta duración (ao redor de 6 horas) no que se presentarán as liñas de investigación do programa e explicaranse cuestións de tipo organizativo. Ademais, compleméntase coa participación dunha persoa experta allea ás universidades organizadoras, que imparte unha conferencia e dialoga co alumnado. Servirá como unha primeira toma de contacto entre estudantes de novo ingreso e investigadores do programa. Ofértase tamén un seminario de seguimento. Esta é a ocasión en que estudantes de segundo ano e sucesivos presentan o avance das súas investigacións. Deben realizar esta actividade polo menos unha vez antes da defensa da teseConstitúe unha toma de contacto do alumnado veterano co de novo ingreso. Así mesmo deben cursar polo menos 4 horas de formación en seminarios específicos do programa e recoméndase outras 6 en cursos transversais sobre algún dos seguintes temas que ofertan as escolas de doutoramento: métodos de investigación, transmisión de investigación e comunicación en linguaxe académica, manexo de software de edición e xestión de datos, acceso á documentación e xestión bibliográfica, entre outros.  Ao longo do primeiro semestre, o estudantado debe elaborar un plan de investigación, que deberá conter o estado da cuestión, a metodoloxía e as fontes de información máis importantes. Este plan será defendido publicamente ante unha comisión, formada por tres persoas, que habitualmente son dúas do programa e unha allea ao mesmo. Requírese polo menos unha publicación (publicación en congreso, artigo de revista ou capítulo de libro, con revisión entre pares), dentro de todo o período de elaboración da tese doutoral. Para rematar, recoméndase realizar unha estancia cun grupo de investigación que desenvolva algunha liña de traballo relacionada co tema da tese, ou que permita desenvolver algunha técnica necesaria para a súa culminación.

Empresas e institucións colaboradoras

.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Análise do discurso e Pragmática
  • Sociolingüística
  • Lexicografía e Lexicoloxía sincrónicas e históricas.
  • Gramática e dialectoloxía sincrónicas e históricas.
  • Lingüistica de corpus e Tecnoloxías da linguaxe.
  • Aprendizaxe de linguas.
  • Modalidades visuoxestuais e linguas de signos.
  • Edición textual e lingua literaria.

Planificación do ensino

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Profesorado

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.