Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura

2025/2026

Que se aprende

Este Programa é único no Sistema Universitario Galego. e se enmarca no mapa xeral de titulacións de Galicia, no que os estudos ingleses sempre tiveron unha importante presenza e tradición que se reflicte na oferta de titulacións de grao en estudos ingleses nas tres universidades galegas, así como na existencia dun Máster Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e
as súas Aplicacións (implantado no curso académico 2013-2014), no que tamén participan as tres institucións galegas e que é coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. Tanto as titulacións de grao como o máster interuniversitario foron acreditados, verificados e conseguiron a renovación das súas respectivas acreditacións en tempo e forma.
A existencia desas titulacións de grao e máster e a demanda continuada delas segue facendo necesaria a oferta dun programa de especialización e investigación a nivel de doutoramento, máxime cando se trata dun título interuniversitario, único na súa área de coñecemento en sistema universitario de Galicia e que conta coa participación activa de profesorado e investigadores das tres institucións galegas nun proxecto de formación de doutores en as grandes liñas de investigación que se poden distinguir dentro do amplo ámbito de coñecemento, a saber: literatura e cultura inglesas, literatura e cultura norteamericanas, literatura e cultura irlandesas, outras literaturas en lingua inglesa, lingüística inglesa (sincrónica e diacrónica), análise do discurso en lingua inglesa e lingüística inglesa aplicada ao ensino do inglés e á tradución.

Competencias xenéricas

CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de
investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17.- Capacidade de fomentar a ciencia aberta e a ciencia cidadá, conforme o artigo 12 da lei
Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoranda ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

Competencias específicas

CA01 Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
CA04 Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 A crítica e defensa intelectual de solucións.
COT1- Capacidade de aplicar con criterio os coñecementos adquiridos a distintos ámbitos profesionais e
disciplinares en relación directa coa Lingua, Cultura e Literatura dos países de fala inglesa, dotando o alumnado das habilidades e destrezas necesarias para poder realizar tarefas de investigación vinculadas a estes campos.
COT2- Capacidade para utilizar as ferramentas necesarias para a óptima implementación dos coñecementos adquiridos co fin de alcanzar unha especialización interdisciplinar científica e profesional no ámbito concreto da Lingua, Literatura e Cultura dos países de fala inglesa, permitindo ao alumnado realizar tamén unha investigación fructífera nestes ámbitos.
COT3- Capacidade para desenvolver competencias comunicativas con outros membros da comunidade académica, realizar e defender un traballo de investigación crítico, rigoroso, orixinal e académico dentro da comunidade académica propia dos estudos ingleses.
COT4-Capacidade para utilizar as novas tecnoloxías da comunicación e información nos distintos ámbitos dos estudos ingleses, co fin de lles dar resposta ás necesidades que deriven da súa tarefa investigadora.

Competencias transversais

CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de
investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17.- Capacidade de fomentar a ciencia aberta e a ciencia cidadá, conforme o artigo 12 da lei
Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoranda ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

Saídas profesionais e académicas

Este programa está orientado a todas aquelas persoas que queiran obter as competencias e habilidades propias da actividade investigadora no ámbito dos estudos ingleses, tendo como horizonte a súa colaboración e traballo en centros de investigación e nas propias universidades. O programa servirá, nunha palabra, para culminar o período de formación investigadora de futuros académicos e profesorado universitarios, tanto en España como no estranxeiro.

O programa presentado segue os obxectivos recollidos nos Descriptores de Dublín a nivel de postgrao posto que facilitará o coñecemento avanzado nas tendencias actuais nos diversos campos de especialización dos estudos ingleses (Lingüística inglesa e literatura e cultura dos países de fala inglesa), do mesmo modo que achegará ao alumnado a capacidade e o dominio das habilidades e métodos de investigación propios de cada un deles. O programa tamén permitirá desenvolver as competencias comunicativas con outros membros da comunidade académica, realizar e defender traballos de investigación de modo crítico, rigoroso, orixinal e académico. Finalmente, de acordo tamén cos Descriptores de Dublín, o alumnado familiarizarase co uso das novas tecnoloxías aplicadas, por exemplo, a investigación en xeral e, en particular, a lingüística de corpus e informática, o uso de grandes bases de datos lingüísticas e literarias, a tradución automática, técnicas estatísticas, as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino das linguas e literaturas, etc.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Estudos da literatura e cultura norteamericana. Investigación dentro do campo da literatura e cultura norteamericanas, incluidos estudos literarios e culturais
  • Estudos de corpus, cognición, variación e cambio na lingua inglesa.
  • Estudos de Literatura e Cultura Inglesas. Investigación en literatura e cultura inglesas, incluindo estudos literarios, culturais e de tradución literario-cultural.
  • Estudos do discurso na lingua inglesa. Investigacións no ámbito da lingüística textual, a pragmática e o discurso
  • Lingüística Aplicada á tradución e ensino do inglés. Inclúe investigación da lingüística inglesa aplicada á traducción e ó ensino e aprendizaxe do inglés
  • Literatura e cultura irlandesas. Investigación na literatura, cultura e historia irlandesas, e estudo das relacións socioculturais entre Irlanda e Galicia
  • Outras literaturas en lingua inglesa. Literatura escocesa, australiana, africana e outras postcoloniais

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

complementos créditos
Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Literatura e perspectivas de xénero no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Prácticum (antigo en extinción) 6
Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Estudos ingleses e medios de comunicación (antigo en extinción) 3
Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Inglés para fins específicos (antigo en extinción) 3
Perspectivas transculturais no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Modelos de interpretación literario-cultural nos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Variación e cambio na lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Lingüística informática e de corpus aplicada á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Cognición e procesos cognitivos en lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Lingüística contrastiva aplicada á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Pragmática e análise do discurso en lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Adquisición e ensino do inglés (antigo en extinción) 3
Literatura e diversidade cultural no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Xéneros e modos literarios en lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Negociacións textuais e culturais nos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Traballo Fin de Mestrado (antigo en extinción) 12
Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa 4,5
Variación e cambio na lingua Inglesa 3
Modelos de interpretación literario-cultural nos países de fala inglesa 4,5
Discurso literario e sociedade nos paises de fala inglesa 3
Inglés para fins específicos 3
Estudos Ingleses e Medios de Comunicación 3
Literatura e diversidade cultural no ámbito anglófono 3
Negociacións textuais e culturais nos países de fala inglesa 3
Métodos e Recursos de Investigación Literario-Cultural no Ámbito Anglófono 3
Literatura e Perspectivas de Xénero no Ámbito Anglófono 3
Pragmática e Análise do Discurso en Lingua Inglesa 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Ciclo de conferencias New Trends in English Studies X, no salón de graos da Facultade de Filoloxía:

  • "El periodista y el editor literario" D. Juan de la Cruz, escritor e xornalista. 13 de marzo de 2014 ás 12:00 horas.
  • "From Centre to Periphery: Mappping Borders as Postcolonial Pratice" Profesor Ryszar Wolny da Universidade de Opole, Polonia. 18 de marzo de 2014 ás 12:00
  • "What makes cinema special? Key aspects of film analisys" Dr. Stankomir Nicieja da Universidade de Opole, Polonia. 19 de marzo de 2014 ás 16:30 horas.
  • "Hitos de la crítica a histórica anglonorteamericana" Prof. José Antonio Álvarez Amorós da Universidade de Alicante. 8 de abril de 2014 ás 9:00 horas.
  • "Hamlet´s Ghost´s Film Treatment" profesor Manuel Míguez Ben. 8 de abril de 2014 ás 9:45.
  • "Could you do me a favour? a Lesson in intercultural Pragmatics" Dra. Anna Szczepaniak kozak da University Adam Michiewicz, Poznan, Polonia. 8 de abril de 2014 ás 10:30.
  • "Textual and Cultural Negotiations in the Translation of Modernism: The Case of Katherine Mansfield" Dra. Teresa Caneda Cabrera da Universidade de Vigo. 17 de outubro de 2014 ás 12:00.
  • "In a Glass Darkly: Science, Technology and the Gothic Tradition in Mary Shelley´s Frankenstein" Dra. Laura Lojo Rodríguez. 21 de outubro de 2014 ás 11:00.
  • "Critical Thinking in the Making. The Poet/Critic from Sidney to coleridge" Dra. Alejandra Moreno da Universidade de Vigo. 22 de outubro de 2014 ás 9:00 horas.
  • "Alegrías da tradución: Nimbos de Díaz Castro" Dr John Rutherford da University of Oxford. 28 de outubro de 2014 ás 11:00.
  • Seminario de investigación da Facultade de Filoloxía: feminismo, xénero e estudos queer" 23, 24 e 25 de setembro de 2014.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.