O programa nútrese maioritariamente de investigadores dos seguintes grupos de investigación: Enerxía e Propulsión Mariña. Ciencia e Técnica Cibernética Tamén se integran investigadores das Universidades de Salamanca e Politécnico de Portalegre.
Tradicionalmente, a E.T.S. de Náutica e Máquinas e a Escola Universitaria Politécnica de Ferrol veñen realizando investigacións dos campos afíns á Enxeñaría Enerxética incluíndo os Estudos de Terceiro Ciclo conducentes ao título de Doutor. Desta tradición docente e investigadora obtivéronse resultados relevantes, como premios extraordinarios de doutorado, desenvolvemento de actividades investigadoras na universidade, actividades profesionais en postos de gran responsabilidade e nas patentes recollidas na seguinte dirección web: http://www.oepm.es Na mesma liña, cabe destacar o nivel cualitativo das publicacións nos diversos campos relacionados coa Enxeñaría Enerxética. O programa está orientado á consecución de capacidades investigadoras de cara á realización de Teses Doutorais.
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.