Grupos de investigación:
MECÁNICA DE ESTRUTURAS
CONSTRUCIÓN
ESTRADAS, XEOTECNIA E MATERIAIS
AUGA E TERREO
ENXEÑARÍA DA AUGA E DO MEDIO AMBIENTE
FERROCARRÍS E TRANSPORTES
MÉTODOS NUMÉRICOS EN ENXEÑARÍA
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
CE1 - Que os estudantes adquirisen coñecementos avanzados de especialización nalgún dos campos da Enxeñaría Civil ou das ciencias en que se fundamenta, de forma que se encontren en primeira liña a nivel internacional no seu campo de especialización
CT2 - Capacidade de autoevaliación do traballo desenvolvido
CT1 - Xestión das TIC
CG4 - Capacidade de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica
CG3 - Que os estudantes se atopen en condicións de propoñer e dirixir proxectos de investigación no seu campo de especialización
CG2 - Que os estudantes se encontren en condicións de realizar traballos de investigación no seu campo de especialización utilizando os métodos máis avanzados que se desenvolvesen ata ese momento e de acordo cos principios científicos comúnmente aceptados pola comunidade internacional
CG1 - Que os coñecementos adquiridos lles permitan aos estudantes comprender as achegas científicas máis significativas que se realizaron no seu campo de especialización ao longo da historia, e en particular as máis recentes
CE4 - Que os estudantes se encontren en condicións de incorporarse ou reincorporarse ao tecido produtivo nas categorías superiores dos cadros directivos, e que os coñecementos e habilidades adquiridas lles permitan mellorar os proxectos e a execución das obras de Enxeñaría Civil
CE3 - Que os estudantes se atopen en condicións de incorporarse aos grupos de investigación e desenvolvemento e innovación máis potentes do mundo no seu campo de especialización
CE2 - Que os estudantes realizasen unha contribución científica no seu ámbito de especialización que teña relevancia no ámbito da Enxeñaría Civil ou das ciencias en que se fundamenta
Competencias transversais
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
Saídas profesionais e académicas
As saídas profesionais abranguen desde a Academia (Universidades e centros de investigación, tanto públicos como privados), ata a Industria (empresas cunha forte compoñente tecnolóxica, laboratorios e centros de desenvolvemento e innovación) e a Administración (corpos superiores dos ministerios e axencias gobernamentais).
Saídas profesionais e académicas
As saídas profesionais abranguen desde a Academia (Universidades e centros de investigación, tanto públicos como privados), ata a Industria (empresas cunha forte compoñente tecnolóxica, laboratorios e centros de desenvolvemento e innovación) e a Administración (corpos superiores dos ministerios e axencias gobernamentais).
Empresas e institucións colaboradoras
No desenvolvemento do programa de doutoramento en Enxeñaría Civil, colabora a Fundación da Enxeñaría Civil Galicia.
Segundo se indica nos seus estatutos , é unha organización fundacional de interese galego constituída sen ánimo de lucro, cuxo patrimonio está afectado de forma permanente para acadar os obxectivos de interés xeral propios da institución.
Os propósitos da Fundación de Enxeñaría Civil, como consta no artigo 7 dos seus estatutos, son os seguintes:
A) Promover a investigación científica, o desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
B) Promover o desenvolvemento técnico e a colaboración con outras institucións nacionais e internacionais.
C) Fomentar a incorporación e desenvolvemento de novas tecnoloxías.
D) Estimular a formación de grupos de investigadores especializados nos diferentes campos de actividade.
E) Facilitar o intercambio e a transferencia de coñecemento entre grupos dos diferentes axentes do sistema de ciencia, tecnoloxía e empresas.
F) Divulgar os resultados das actividades e coordinar a realización de informes, ditames, estudos, etc ... a petición de institucións e empresas.
G) Promover convenios de colaboración entre a Fundación e a Escola e outras escolas de enxeñaría, centros de investigación e empresas, tanto públicas como privadas, para o desenvolvemento do propósito fundacional e canalizar a transferencia de tecnoloxía.
Existe un acordo marco entre a Universidade da Coruña e a Fundación de Enxeñaría Civil de Galicia para o desenvolvemento de actividades académicas, científicas e de transferencia tecnolóxica.
Complementos de formación específicos
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas do programa
Os estudantes do Programa de Doutoramento en Enxeñaría Civil teñen a oportunidade de participar nun proxecto formativo adaptado á súa investigación e coordinado polo titor e o director da tese, que poderá abarcar as seguintes actividades:
- Asistencia a congresos, seminarios e simposios relacionados co seu plan de investigación.
- Estancias de investigación en departamentos, laboratorios e grupos relevantes de universidades e centros de investigación de prestixio recoñecido.
- Cursos formativos sobre as ferramentas empregadas na súa metodoloxía de investigación.
- Como actividades formativas transversais, procurarase a participación naquelas impartidas polo Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), en particular no Plano de Apoio ao Doutoramento e á Investigación (PAI), así como as específicas para doutorandos organizadas pola Biblioteca Universitaria.
Compromiso documental de supervisión
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Plan de investigación
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
Profesorado
Ciencias dos materiais e enxeñaría metalúrxica
Edafoloxía e química agrícola
Enxeñaría cartográfica, xeodésica e fotogrametría
Enxeñaría da construción
Enxeñaría do terreo
Enxeñaría e infraestrutura dos transportes
Enxeñaría hidráulica
Matemática aplicada
-
Colominas Ezponda, Ignacio
-
Couceiro Aguiar, Iván
-
Domínguez Pérez, Xabier Eduardo
-
Fe Marqués, Jaime Miguel
-
Fuentes García, Luis
-
Gómez Díaz, Héctor
-
Lorenzo Gómez, Guillermo
-
Navarrina Martínez, Fermín Luis
-
Nogueira Garea, Xesús Antón
-
París López, José
-
Ramírez Palacios, Luis
-
Rodríguez-Vellando Fernández-Carvajal, Pablo
-
Taboada Vázquez, Raquel
Mecánica dos medios continuos e teoría de estruturas
Tecnoloxías do medio ambiente
Accións para a mobilidade do estudantado
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.